20070113180848-critica

Acontece cos clásicos e o clasicismo o mesmo que cos contemporáneos e o contemporaneísmo : en canto se someten a crítica cultural – e crítica, como dicía Machado, non é segregar bile – desaparecen coma becerros de ouro e aparecen coma humanos, demasiado humanos.

Crítica non é enumeración persoal de atraccions e repulsions, sexan éstas de carácter estético, filosófico ou ámbolos dous : iso é respetable opinión, sen máis. Crítica é ampliación do criterio co que argumentamos as atraccions e repulsions mesmas, e para iso, a paciencia e o rigor metodolóxico da investigación é tan necesaria como a imaxinación.