A miña aparente contradicción é, tamén, a miña fortaleza : ser un misántropo de radicalísima esquerda. Na xestión dos meus tempos, da miña nutrición moral e intelectual e da miña intimidade, parto sempre de que o libre consentimento do eu importa, e moito, na configuración do libre consentimento do nós.

Hai cousas que non deben negociarse nunca.