Aínda sendo a dor e o gozo das tripas totalmente carente de afectación ou disimulo, a vontade de estilo pode fracasar estrepitosamente á hora de facelas falar. Nin o estilo (forma), nin o contido (mesaxe), nin o ritmo, nin a ritma (sonoridade), nin a intensidade real coa que falan as tripas poden considerarse illadamente e por sí mesmas nunha peza poético-narrativa.

Para min un poema é un conxunto de todo isto, e a meirande parte das veces non hai sequera intencionalidade de fixarse en tódolos elementos, ou ben hai intencionalidade nalguns e noutros, sinxelamente, traballa o azar.