É frecuente escoitar, no ámbito das chamadas ciencias do comportamento – animal ou humano, co seu exército de psicólogos, psiquiatras, científicos sociais e etólogos incorporado – unha manchea de ruidosas banalidades de laboratorio incapaces de agachar a cabeza e afirmar : non sei.

A quen non sabe habitar o misterio e a incerteza, ese non saber causalle ansiedade en tanto grao como a forza coa que o eros e a poesía lle causa medo. : tal é a fráxil e soberbia arrogancia de querer a última resposta ou crer que un ten todo baixo control.