Nada me desagrada máis que ese timorato egoísmo fechado só en sí mesmo, incapaz de abrirse ao mundo coa curiosidade dun filósofo mundano, incapaz de abrirse ao outro coa serenidade dun amigo, incapaz de concebir o futuro como algo que está por facer e por escribir.

Abáfame toda relixión, toda filosofía, toda política, todo suxeito, en suma, que procura a paz e a serenidade pretendendo desvincularse da vida e dos seus ritmos e tempos.