Que a vida é un soño, xa o sei. Que, ademais, é un teatro, tamén. Que este soño – ou este teatro – non é absolutamente bon ou absolutamente malo, senon que hai que contemplalo como é e soportalo con paciencia, tamén o sei. Que, ás veces, a fronteira entre ficciónrealidade é moi fráxil, abofé que o sei tamén.

A partires de aquí un xa pode comezar a falar seriamente de sí mesmo e das cousas.