A ÁLXEBRA DO MEDO

Diogo Tabuada

Category: AFORISMOS (page 1 of 4)

27 de Outubro, 2017.

A historia relatada só con papeis e documentos, sinxelamente, minte : é á verdade o que o cancro á saúde dos corpos; é á memoria o que o pesticida para o alimento. Unha fala e unha memoria vivas non precisan, nin gramáticas de ferro, nin o diagnóstico das polillas.

19 Outubro, 2017.

A situación de subalternidade ou hexemonía muda históricamente e troca os seus roles, non só entre linguas e culturas, nas relacions transculturais, senon tamén en cada unha delas ailladamente consideradas, nas relacions intraculturais.

Temos que aceptar e recoñecer, na Galiza, ó escravo – e ó amo – que fumos e somos; as relacions e estructuras de poder son moi diversas e trascenden os caprichos da lóxica formal, onde xogan outras variables coma o xénero,a etnicidade, a clase e a sexualidade.

4 Decembro, 2017.

Nin a muller do romanticismo burgués, nin o pobo do romanticismo revolucionario merecen, para min, ser idealizados : do sublime ao ridículo hai sempre un paso.

9 Xaneiro, 2018.

Eu non creo nunha sensibilidade propiamente “femenina” ou “masculina”. Creo que hai sentimentos que trascenden rotundamente esas categorías, mesmo inseridos como estamos nunha sociedade brutalmente patriarcal.

O desexo de humillar, ridiculizar, interpretar cínicamente e desvalorizar á persoa sempre foi un detestable hábito en calqueira cultura. Deste desexo, precisamente, nútrese calqueira pensamento e sensibilidade disposta a preferir unha orde social violenta a calqueira outra alternativa.

Eu, ti, nós, levamos dentro esta enfermidade, e con ela e dende ela procuramos, tamén, trascendela.

14 de Outubro, 2017

Cada vez que un familiar, unha parella ou un amigo me pregunta canto o quero, danme gañas de acollerme a unha lei de protección de datos, para non crear desilusions e agravios comparativos.

12 Outubro, 2017.

Una civilización cuyas élites hacen todo lo posible por obturar y esconder la expresión colectiva del dolor mientras extermina físicamente a gente inocente, es una civilización cuyas élites merecen ser exterminadas.

4 de Outubro, 2017.

Amor : afecto seriamente delicado que desdramatizamos para aliviar a dor de non ser correspondidos.

25 de Xullo, 2017.

Creo que só a poesía, a comunicación poética, mesmo na vida cotiá, pode salvarnos do abismo de desconfianza, incomunicación, suspicacia recíproca, mentira, paranoia e medo na que se converteron as relacions persoais en plena post-modernidade. Nunca logrei sair do mesmo territorio mental e afectivo : aquel no que a verdade e o desexo reconcilianse despois da tormenta.

2 de Novembro, 2018.

Vivo cada segundo coma se fose unha despedida.

Older posts

© 2019 A ÁLXEBRA DO MEDO

Theme by Anders NorenUp ↑