A ÁLXEBRA DO MEDO

Diogo Tabuada

Category: Celtiberic conection (page 1 of 10)

Alfonso X el Sabio – Cantigas Santa Maria (1221-1284)

 

 

 

El legado celta en Galicia

Los celtas : A las puertas de Roma.

 

 

Barry Cunliffe : “Who were the Celts?”.

 

 

 

O Reino da Galiza – Filme Arrival 2016

E entón, o que as institucions da Galiza, do Estado Español e da UE silenciaban, recollérono en Hollywood. ¿Un conto retranqueiro e surrealista?. Non. A realidade, a pao seco. : Arrival 2016.

 

 

Xenealoxía do racismo

¿Qué entendemos por racismo?

Ramon Grosfoguel.

Ramón Grosfoguel,  ou a importancia da precisión

 

European Free aliance (web)

http://www.e-f-a.org/home/?fbclid=IwAR17H2ayauIOrwU7VP_8TJjShEPiX1oX7yYHDsfyuuhx1MfmFx2_zluaXeA

14 de Novembro, 2017

Ninguén máis que as redes de influencia política, económica, cultural e mediática, comprometidas coa gobernabilidade e estabilidade do estado español e coa indisolúbel unidade da súa nación, ninguén máis que eles, obrigados a redactar e aplicar lexislación cos ollos panópticos da conferencia episcopal española (CEE) e da confederación española de organizaciones empresariales (CEOE) bisbándolles na orella, ninguén máis que eles, inzados do lixo ideolóxico que verbalizan as estructuras mediáticas creadas para a fabricación dos seus consensos na transición española, ninguén máis que eles, cómpre recordar, fixeron máis para interiorizar con éxito un racismo de múltiples dimensións na sociedade civil : linguístico, cultural, racial, de xénero, relixioso e de clase. O agora denominado réxime da transición non é monopolio gubernativo do partido popular. Hai máis acrónimos políticos, no centro e nas periferias do estado, absorbidos cultural e ideolóxicamente polos seus consensos.

É preciso destapar a manta e comunicar á sociedade civil que o franquismo de onte, amparado na omnipotencia da razón de estado marcada polo dictador, aínda que non pode compararse anacrónicamente co neo-fascismo financeiro de hoxe, sí comparte unha continuidade histórica e cultural común de fondo.

Ese algo que o franquismo e os franquistas de onte comparten co neo-fascismo e os neo-fascistas financeiros de hoxe é nin máis nin menos que a súa firme criminalización político-penal a calqueira movimento civil ou forza política que se propoña unha democratización seria e profunda da institucionalidade política, xudicial, económica, cultural e mediática cementada, tanto fóra do ámbito de influencia do estado franquista, onte, coma fóra do ámbito de influencia político-económica do estado autonómico, hoxe.

Older posts

© 2019 A ÁLXEBRA DO MEDO

Theme by Anders NorenUp ↑