Friend of mine, honorable and humble human being : André Pena Granha. I’m allways proud of your work and persistance.
Chámano “celtismo” e interprétano despectivamente coma un arrouto pre-racional, mítico e romántico -con intencionalidade política- incrustado na imaxinación do rexurdimento e da Xeración Nós. Mais moito, moito, moito choveu daquela, e se ben é certo que razón non lles falta na crítica ás primeiras fontes textuais e interpretativas diso que chaman “celtismo”, certo é tamén que deberían coser a boca e ler máis sobre os estudos arqueolóxicos, linguísticos, filolóxicos, etnolóxicos, históricos, literarios, antropolóxicos e politolóxicos que sobre o asunto lévanse destilando, tempo hai xa, tanto dentro coma fóra de Europa.
É moito pedir, abofé, aos letratenentes do guetto institucional da cultura da Galiza autonómica, que teñan a decencia de ficar en silencio e dar a palabra a quen coñece, ule e destila aquelo do que se fala. Moito pedirlles é, tamén, que antes de categorizar ad hoc coma pseudo-ciencia as investigacions pertinentes, analicen con seriedade qué de científico teñen as súas propias contra-teses. Se non o fan, por algo será.
Non os chamarei imbéciles, porque ninguén merece nunca ser chamado así, mais podo chamalos escuros, sorrir, e seguir camiñando.
© 2019 A ÁLXEBRA DO MEDO
Theme by Anders Noren — Up ↑