A ÁLXEBRA DO MEDO

Diogo Tabuada

Category: CIES

17 de Maio, 2017

!Oh, ma quanta modernità, cari amici, quanta modernità!.

https://www.publico.es/internacional/mundo-cierra-ojos-mercado-esclavos.html?fbclid=IwAR08sjJm7NQC7JIx5GayBbM_6MVOChQ0djHxODtOJUT0o02_WJPwsB63O1I

15 Agosto, 2017.

Lendo a Angela Davis en Unha historia da conciencia : ensaios escollidos.

– Entrevistador : “¿Qué conexions ve, se as hai, entre a globalización destas cárceres fóra da legalidade e o complexo industrial penitenciario?”.

– Angela Davis : “Os dous conxuntos de institucions pertencen ao sistema penal de Estados Unidos e aparecen clasificadas xuntas no censo da oficina Federal de estatística. Esta clasificación inclúe as cárceres estatais e federais, as correccionais rexionais, as correccionais en chan indíxena, os centros de detención administrados polo departamento de seguridade nacional, as cárceres territoriais en zonas que estados unidos négase a recoñecer coma colonias súas e as cárceres militares, tanto dentro coma fora das fronteiras do país.

O crecemento da poboación reclusa en cárceres nacionais, a aparición de novas industrias que dependen dese crecimento, a adaptación de vellas industrias para dar cabida e beneficiarse do encarceramento, a expansión de centros de detención de inmigrantes e o uso de cárceres militares coma arma fundamental na denominada guerra contra o terrorismo, a articulación dunha retórica “anti-crime” usando retórica “antiterrorista” : estes son alguns dos elementos novos do complexo industrial-penitenciario.

TRATASE DUN FENÓMENO GLOBAL, NON PODE ENTENDERSE NA SÚA TOTALIDADE DENTRO DE ESTADOS UNIDOS. A proliferación de centros penitenciarios e poboación reclusa, a rapidez coa que se desprazou o capital cara a industria penal, de modo que xa non é un nicho, senon un compoñente fundamental da economía estadounidense; TODO ISO TEN IMPLICACIÓN GLOBAL, reproduce a traxectoria pola cal a producción militar pasou a ser clave na economía de Estados Unidos. Esa é unha das razons principais polas que decidimos popularizar o termo complexo industrial-penitenciario, porque RECORDA EN MOITISIMOS ASPECTOS AO COMPLEXO INDUSTRIAL-MILITAR. De modo que AS CÁRCERES, A SÚA ARQUITECTURA, A SÚA TECNOLOXÍA, O SEU RÉXIME PENITENCIARIO, OS PRODUCTOS QUE A SÚA POBOACIÓN CONSUME E PRODUCE E A RETÓRICA QUE LEXITIMA A SÚA PROLIFERACIÓN, TODO ELO VIAXA DENDE ESTADOS UNIDOS AO RESTO DO MUNDO”.
– – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – –  – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – –  – – – – – – – –

Nota a pé de páxina : Alégrame atopar empatías; tiña a intuición de que o complexo industrial-militar e penitenciario estaban intrínsecamenre relacionados e que a reproducción de ambos é moi custoso para o logro do disciplinamento da poboación. Disciplinamento para o cal os estados modernos non reparan en asumir cantidades astronómicas de débeda privada en orixe que logo se desprazan unilateralmente á contabilidade pública da administración.

Gustaríame atopar redes de activismo-investigación social que, a día de hoxe, traten de vincular analíticamente estes dous complexos, o industrial-militar e o industrial-penitenciario, a outros complexos agregados coma o necesario complexo industrial-nuclear para a fabricación de high-tech military weapons

© 2019 A ÁLXEBRA DO MEDO

Theme by Anders NorenUp ↑