A ÁLXEBRA DO MEDO

Diogo Tabuada

Category: Espazo sufi (page 1 of 2)

Acid Arab – Live on Sonar (Barcelona 2016)

25 de Novembro, 2017.

Miguel Anxo murado facendo hermeneutica do sufismo. As présas e a instantaneidade da public opinion, ao parecer, mandan.

-“… el sufismo, con su misticismo, sus peregrinaciones y su culto a la tumba de los santos”.

“esta versión popular y pietista del Islam, conservadora pero tradicional”

Mellor calar. Non me agrada falar das cousiñas do espírito, crea ou non nelas, coma quen vende un crecepelo. Dúascentas sesenta e cinco almas, creo, ben o merecen.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/internacional/2017/11/25/sufies-victimas-propiciatorias/0003_201711G25P20992.htm?fbclid=IwAR2uwrgwNmSLrstiZ8VLQo6B1RnbSxfvWthUPjEgAQ_DftpHgiTq2fOX_ts

As sutilezas de Mulla Nasrudin

Un parente do Mulla foi a visitalo dende un lugar remoto do país levándolle coma regalo un pato. Moi contento, Nasrudin mandou guisar o pato e compartiuno co seu huésped. Porén, pouco despois comezou a chegar un paisano tras outro e cada un dicía que era amigo do amigo do “home que che trouxo o pato”. Ningún deles traía regalo.

Finalmente, o Mulla exasperouse. Un día chegou outro descoñecido :

– Son amigo, do amigo do amigo do parente que che trouxo o pato

Sentouse, coma tódolos demais, a esperar a comida. Nasrudin levoulle unha cunca de auga quente

-¿Qué é esto?

– É a sopa, da sopa, da sopa do pato que trouxo o meu parente

As sutilezas de Mulla Nasrudin

Nasrudin adoitaba cruzar a fronteira tódolos días cos cestos do seu burro cargados de palla. Como admitía ser un contrabandista cando volvía á casa polas noites, os gardas da fronteira rexistrábano unha e outra vez : rexistraban a súa persoa, cernían a palla, sumerxíana en auga e mesmo queimábana de cando en vez para ver qué levaba Nasrudin nos cestos. Non atoparon nunca nada. Mentras tanto, a prosperidade económica de Nasrudin aumentaba visiblemente.

Un día retirouse e foise a vivir a outro país onde, anos máis tarde, encontrouno un dos gardas fronteirizos :

– Agora podes dicirmo, Nasrudin – interpeloulle -. ¿Qué pasabas de contrabando que nunca puidemos descubrilo?.

– Asnos – contestou Nasrudin

“As sutilezas de Mulla Nasrudin” (Nasrudin).

8 de Novembro, 2017.

Mentras leo a selección de ponencias do primeiro/segundo Congreso internacional de feminismo islámico que tivo lugar en Barcelona no ano 2005, lembro aqueles dous textos – un en forma de epístola a Benedicto 16 e outro en forma de ensaio crítico – que foron publicados nas páxinas web de redescristianas.net e webislam.com; artigos que, en orixe, escribín para o portal dixital de Rebelión.

Non tiña intención algunha de mandalos a estas dúas páxinas. Seguramente os administradores de redescristianas.net e webislam.com consideráronos interesantes por algún motivo e publicáronos respetando o meu nome, data e autoría, mais sen pedirme permiso, cousa á que non lle din importancia en absoluto.

A cuestión é que non deixa de sorprenderme a data en que foron escritos os dous textos – son do ano 2008, xa pasou case unha década! -. ¿Estaba eu transitando territorios decoloniais sen decatarme?. Ó parecer, sí. O máis simpático do asunto é que xa comezara o camiño antes de coñecer os conceptos – e as prácticas – máis amistosas, menos conflictivas e menos pacíficas da inter-culturalidade e a inter-relixiosidade, alá polo ano 2010, cando tiven a oportunidade de asistir a un curso impartido por Victorino Pérez Prieto no Seminario Galego de estudos para a Paz. Aínda máis simpático é cair na conta de que nunca escoitara falar do termo decolonialismo ata moitos anos despois, escoitando a Ramón Grosfoguel.

Pouco despois veu a miña ruptura coa política e coa praxe que Manuel Dios Diz quería proxectar no Seminario Galego de Estudios para a paz. Caín na conta enseguida de que alí non existía a intención de xermolar filosofía e ciencia para o combate académico, cultural e político. Tiña máis que ver cun seminario de boas intencions e declamación de valores para o bo comportamento cívico que con outra cousa. Era, en definitiva, un seminario. E cos seminarios, sexan confesionais ou laicos, xa se sabe o que adoita acontecer habitualmente.

Mevlana Symphony – Murat Malay

Manzil-e-Sufi, Sanam Marvi

 

 

Yaar Vekho – Sanam Marvi –

 

 

Lendo a Idries Shah

Mergúllome en “Os sufis” de Idries Shah. Tomo notas febril e pausadamente. Levaba a un sufí dentro e non o sabía : ironías do azar, ou do destino, ou do carácter, qué máis da. O caso é que sinto que este libro vai ser proteína existencial para min :

“Nasrudín dixo algo moi pouco gramatical mentras dirixía unha balsa a través dun río de augas turbulentas.

– ¿Non estudache nunca gramática? – preguntoulle o erudito
– Non
– En tal caso, botache a perder a metade da túa vida

Uns minutos despois, Nasrudín volveuse cara o pasaxeiro

– ¿Aprendiche a nadar?
– Non, ¿por qué?.
– En tal caso, botache a perder toda a túa vida : !estamos afundindo!.”

Nenhuma descrição de foto disponível.

25 Novembro, 2017.

Quizais vaia sendo hora de sacarlle o po a alguns libros e notas para contestar, con educación e argumentos, os tópicos de certa esquerda disque laica, disque revolucionaria, disque universalista e disque internacionalista, entre moitos atributos-etiqueta aptos para xustificar a preguiza intelectual :

Lendo “Anhelo de Justicia : Teoría crítica y religión”. (Max Horkheimer)

Older posts

© 2019 A ÁLXEBRA DO MEDO

Theme by Anders NorenUp ↑