A ÁLXEBRA DO MEDO

Diogo Tabuada

Category: I-D-I militar – España

11 de Outubro, 2017.

https://elpais.com/politica/2017/10/10/actualidad/1507634100_664978.html?id_externo_rsoc=FB_CC&fbclid=IwAR0Dqhbbqomg2PAeOAcgiZ0dlSm0l1fadhZQMTXJ3NW41y7DQH_vkpVMZEM

El lobby del armamento consigue una inversión multimillonaria de la UE. (27/10/16)

“Preparatory Action for Defence Research”, deste xeito verbalízase na Eurocámara o presuposto 2017-2020 en materia de “acción preparatoria e investigación” – a linguaxe usada xa desvela a intención – en I-D-I militar. As cifras da inversión son confusas e ilóxicas, así que non lles vou dar credibilidade de momento.

O partido popular europeo, PNV, UPyD, Ciudadanos e o PSOE veñen de votar sí a este presuposto. Ningún membro da sociedade civil ou de organizacions gubernamentais teñen representación na Comisión Europea, dirixida por Jean Claude-Juncker, a única con autoridade institucional para impor requisitos inversores ás empresas de armamento.

http://www.publico.es/politica/industria-militar-ue-comprometa-inyectarles.html?fbclid=IwAR25kF0-XrwKizROV3txC9KWHYVJZB3oR5JBNKpTPVU1dTFPIbE4YS_Qt6w

Bancos que financian la industria militar

http://www.publico.es/economia/son-bancos-financian-industria-militar.html?fbclid=IwAR0szjYT2SZU0j0pITAm9Jbbxzm6iXvLFhZkU7_H5YegC9QFYCjWZGAulBA

10.700 millones al año: los rostros de la pujante industria militar española

So, let’s see their faces.

http://m.publico.es/economia/2011989/10700-millones-al-ano-los-rostros-de-la-pujante-industria-militar-espanola?fbclid=IwAR1weYLLhnzZ5vldHaO8G-2OEFpcFj7afKsADQRzbXVHT_tzGGuRs1OnMbA

13 de Septembro, 2017.

Agrádame cometer erros; cometendo erros, aprendo, maduro e gaño precisión : no seu momento cheguei a darlle certa confidenza dentro do escepticismo – sabía que a súa política económica, a efectos prácticos, nunca iría máis alá de keynes -, mais os recentes argumentarios sobre o affaire referéndum en Catalunya convencéronme da súa inmadurez intelectual, da súa falta de profundidade analítica, da súa pésima e interesada lectura dos clásicos do marxismo, da súa carencia de imaxinación sociolóxica e da súa carencia de sinceridade libertaria, mesmo liberal-democrática, no senso máis formalista, legalista e procedimental do termo.

O seu federalismo e o seu republicanismo é centralista e estatolátrico, cunha comprensión superficial da cuestión nacional no estado español. O seu interese por establecer canles recíprocos de traducción e recoñecimento entre as linguas e culturas do estado é inexistente. Cando fala da existencia de clases – así é – non procede a analizar a estructura social e económica concreta que as configura , así coma os aspectos cualitativos da súa cultura profesional, sinxelamente verbaliza o relato burdamente simplificador dunha sociedade partida en dous : os bos samaritanos da clase baixa e traballadora contra os malvados mercaderes do templo da globalización económica .

O seu pensamento, atenta e holísticamente considerado, é eurocéntrico, con nula atención á existencia dunha profundísima violencia penal que fortalece a exclusión económica e laboral e o control policial-militar das minorías raciais, sexuais, linguísticas, culturais e relixiosas dos estratos sociais máis humildes. De variables ecolóxicas dentro da súa proposta concreta de mudanza do modelo productivo do estado pouco ou nada se sabe; da variable pacifista da súa política concreta de seguridade e I-D-I militar, tampouco, da súa opción concreta por unha mera re-estructuración da débeda soberana do estado ou por unha desobediencia civil e institucional polo seu impago, aínda menos.

Sí, Alberto Garzón pode ser moitas cousas en privado, mais comunista, honesta e humildemente, atrévome a afirmar que non o é cun 99 % de probabilidade : deixo o outro 1% como apertura a novos erros de apreciación teórica e exemplos prácticos.

Non; eu xa non son – nin estou – con Alberto Garzón.

Instituto galego de estudos internacionais pela paz

https://igesip.academiagalega.org/?fbclid=IwAR370pXuouxA5-1t0B9THdVhscOVklinEY6KdVvWzmr84YR0ylbUFl10cpM

15 Agosto, 2017.

Lendo a Angela Davis en Unha historia da conciencia : ensaios escollidos.

– Entrevistador : “¿Qué conexions ve, se as hai, entre a globalización destas cárceres fóra da legalidade e o complexo industrial penitenciario?”.

– Angela Davis : “Os dous conxuntos de institucions pertencen ao sistema penal de Estados Unidos e aparecen clasificadas xuntas no censo da oficina Federal de estatística. Esta clasificación inclúe as cárceres estatais e federais, as correccionais rexionais, as correccionais en chan indíxena, os centros de detención administrados polo departamento de seguridade nacional, as cárceres territoriais en zonas que estados unidos négase a recoñecer coma colonias súas e as cárceres militares, tanto dentro coma fora das fronteiras do país.

O crecemento da poboación reclusa en cárceres nacionais, a aparición de novas industrias que dependen dese crecimento, a adaptación de vellas industrias para dar cabida e beneficiarse do encarceramento, a expansión de centros de detención de inmigrantes e o uso de cárceres militares coma arma fundamental na denominada guerra contra o terrorismo, a articulación dunha retórica “anti-crime” usando retórica “antiterrorista” : estes son alguns dos elementos novos do complexo industrial-penitenciario.

TRATASE DUN FENÓMENO GLOBAL, NON PODE ENTENDERSE NA SÚA TOTALIDADE DENTRO DE ESTADOS UNIDOS. A proliferación de centros penitenciarios e poboación reclusa, a rapidez coa que se desprazou o capital cara a industria penal, de modo que xa non é un nicho, senon un compoñente fundamental da economía estadounidense; TODO ISO TEN IMPLICACIÓN GLOBAL, reproduce a traxectoria pola cal a producción militar pasou a ser clave na economía de Estados Unidos. Esa é unha das razons principais polas que decidimos popularizar o termo complexo industrial-penitenciario, porque RECORDA EN MOITISIMOS ASPECTOS AO COMPLEXO INDUSTRIAL-MILITAR. De modo que AS CÁRCERES, A SÚA ARQUITECTURA, A SÚA TECNOLOXÍA, O SEU RÉXIME PENITENCIARIO, OS PRODUCTOS QUE A SÚA POBOACIÓN CONSUME E PRODUCE E A RETÓRICA QUE LEXITIMA A SÚA PROLIFERACIÓN, TODO ELO VIAXA DENDE ESTADOS UNIDOS AO RESTO DO MUNDO”.
– – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – –  – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – –  – – – – – – – –

Nota a pé de páxina : Alégrame atopar empatías; tiña a intuición de que o complexo industrial-militar e penitenciario estaban intrínsecamenre relacionados e que a reproducción de ambos é moi custoso para o logro do disciplinamento da poboación. Disciplinamento para o cal os estados modernos non reparan en asumir cantidades astronómicas de débeda privada en orixe que logo se desprazan unilateralmente á contabilidade pública da administración.

Gustaríame atopar redes de activismo-investigación social que, a día de hoxe, traten de vincular analíticamente estes dous complexos, o industrial-militar e o industrial-penitenciario, a outros complexos agregados coma o necesario complexo industrial-nuclear para a fabricación de high-tech military weapons

31 Maio, 2017.

Max Weber denominábao, con moita precisión analítica mais pouca empatía moral, o “monopolio da violencia lexítima” : Foi é e será patente de corso de tódolos estados.

Aconteceu onte, en Compostela, e isto só é a punta do iceberg no grado de ensañamento do que está por-vir : convertir ás forzas de seguridade do estado en instrumentos de control do activismo político e cultural e, ao mesmo tempo, endurecer o dereito penal até convertilo – sen feitos probatorios e/ou condenables – en delito :

 – http://nosomosdelito.net/

España : estado penal-policial de excepción.

En algún material de reflexión he escrito, textualmente, que más que “estado de derecho”, la categoría que le correspondería al estado español, a día de hoy, sería la de “estado penal-policial de excepción”.

Como no me gusta inventarme categorías ni conceptos para auto-exhibición verbal – manía muy típica en ciertos ambientes del “activismo” de izquierdas -, bueno es que se desvelen los datos que hacen justicia a a los conceptos utilizados.

https://www.diagonalperiodico.net/libertades/32469-pais-tenia-demasiada-policia.html

Gabriel Rufián / Cospedal : sobre gasto militar.

Los “buenos modales” y la “cortesía” adoptan formas – y fondos – tan diversos como irreconciliables; se puede ser cínica, grotesca nhumana e ignorante desde las buenas maneras, como lady Cospedal, como se puede ser lo contrario desde las mismas, como Lord Gabriel.

Sí, yo soy – y estoy – con Gabriel Rufián Romero. Si quieren “guerra”, la tendrán. Que empiece, pues, la función, y que vaya en serio.

© 2019 A ÁLXEBRA DO MEDO

Theme by Anders NorenUp ↑