A ÁLXEBRA DO MEDO

Diogo Tabuada

Category: Israel – España

Bancos que financian la industria militar

http://www.publico.es/economia/son-bancos-financian-industria-militar.html?fbclid=IwAR0szjYT2SZU0j0pITAm9Jbbxzm6iXvLFhZkU7_H5YegC9QFYCjWZGAulBA

10.700 millones al año: los rostros de la pujante industria militar española

So, let’s see their faces.

http://m.publico.es/economia/2011989/10700-millones-al-ano-los-rostros-de-la-pujante-industria-militar-espanola?fbclid=IwAR1weYLLhnzZ5vldHaO8G-2OEFpcFj7afKsADQRzbXVHT_tzGGuRs1OnMbA

27 de Maio, 2018.

Non temos présa

O 1 de Febreiro, o diario Sermos Galiza publicaba un artigo intitulado “Un país sen política internacional : Galiza carece dunha acción exterior merecedora de tal nome”. Non sen un sorriso pilleirento de conto bretón na boca, dispúxenme a ler o artigo con predisposición humorística, coñecedor como xa era da polémica viaxe de Don Núñez Feijoo ao estado de Israel. En primeiro lugar, o que me chama a atención deste artigo é o feito de que X.M Piñeiro, autor do texto, resalte o feito de que Galiza mereza – coma se merecer ou non política internacional de seu fose un dereito e non, sinxelamente, unha construcción política colectiva que debe conquerirse, estructurarse, merecerse co esforzo e co compromiso – tal política internacional debido a que o seu falo comercial, segundo datos por él verbalizados, presente un balanzo comercial, entre exportacions e importacions, de case 5000 millons de euros anuais.

Dito dun xeito sinxelo : sorpréndeme que un superficial dato macro-económico interpretado a vista de páxaro convírtase en argumento – mellor dito, en dato – de autoridade para queixármonos – ¡oh, a queixa, o noso galeguísimo e humano, demasiado humano lastre histórico! – pola inexistencia dunha política internacional digna, enténdase o que se queira entender por tal cousa. E é que, realmente, semella insinuar este artigo a seguinte lóxica discursiva, a saber : que posto que o noso balanzo comercial é o que é merecémonos ter política internacional digna, e santas pascuas.

En realidade, a movilidade e o dinamismo exterior de calqueira país non ten auto-referencialidade política como tal : os poderes económicos localizados dan ordes e os estados e os seus cargos electos, en nome dos seus partidos, cando lles interesa, ou en nome dos seus propios estados, cando lles interesa, ou en nome da nación unha, dúal, trina ou pentagonal, tamén cando lles interesa, limítanse a facer de relacions públicas e obedecen coma cadeliños amaestrados. Esto é certo tanto na Galiza coma no estado español, Europa, Sudáfrica ou Australia. Dito isto, resulta como mínimo patético o feito de pasarnos décadas repetindo compulsivamente o veraz argumentos da inexistencia dunha política internacional galega, sobre todo cando a poucos – mais ben ningún – xornalistas, escritores, científicos, artistas e políticos galegos puiden ler – ou escoitar – facendo insistente referencia sobre a falta dunha política internacionalista para os de abaixo.

Falando en prata, que unha cousa é suspirar pola ausencia dunha política internacional e outra cousa é suspirar pola ausencia dunha política internacionalista : as indeterminacions da semántica, así coma a carga político-cultural que contén, delátanos, máxime cando xa non nos podemos crer o clisé mental, o estereotipo socializado, dunha Galiza carente de burguesía e familias económicamente apoderadas. Aos feitos remítome : só fai falla ler o artigo que o mesmo Sermos Galiza publicou o 25 de Xaneiro, cuxo título reza Patrimonios Millonarios. Esa Galiza cada vez máis rica : As grandes fortunas declaran 2000 millons de euros máis en apenas un ano”.

Como exemplo-espello para evidenciar a carencia en cuestión resáltase, no primeiro dos artigos mencionados, que Baviera, o Lander alemán, sí ten unha gran delegación en Bruxelas, sita, ademáis, xusto en fronte do Europarlamento. Acto seguido recálcase que os devanditos landers participan na creación da postura que defende o conxunto do estado alemán perante a UE e que os mesmos ministros rexionais poden presidir as reunions ministeriais do estado na UE

Sí, ben, perfecto, mais o principio de realidade segue a ser o seguinte : na Galiza, como nación, e en España, como estado, isto non funciona nin funcionou así : as causas históricas e ideolóxicas son abondo coñecidas como abondo coñecido é tamén o pouco peso cuantitativo e cualitativo de conciencia nacional, nacionalista, e por extensión, internacional ou internacionalista. Recalco, caro lector, que non é o mesmo ter conciencia nacional que conciencia nacionalista, nin o mesmo é tampouco ter conciencia internacional que conciencia internacionalista – un partido comunista medianamente honesto ten conciencia internacionalista coma conciencia internacionalista ten tamén o consello de administración de Zara Inditex, por pór un caso -. O nacional, en concreto, fai referencia ao escenario espazo-temporal no que se manifesta e desprega a acción social, política e institucional ad intra dunha nación. O nacionalista, nas súas diversas expresions locais/globais, dende as extremas-dereitas más racistas e xenófobas, o ultra-liberalismo populista de extremo-centro, as variantes liberal-demócratas e socialdemócratas de corte institucionalista-estatalista – todas, en calqueira caso, moi asimiladas ao capitalismo coma totalidade sistémica, mais con diferentes estratexias retóricas que, por cálculo electoral, chegan mesmo a solaparse -, é outra cousa. Preciso é seguir matizando e recalcar que tamén admite outras expresions en guerrillas armadas de liberación nacional e en movimentos sociais ou frontes populares de inspiración anti-colonial que logran – ou non – resolver as contradiccions internas entre o seu polo anti-capitalista e o seu polo liberal-modernizador, decantándose co tempo máis cara unha enerxía ou outra e asimilándose co tempo máis ou menos ás canles institucionais de negociación dos hiper-burocratizados estados modernos.

Dito – e escrito – isto, continúo : no mesmo artigo recálcase que tanto o PSG-PSOE coma o BNG como En Marea coinciden – retórico-legalmente, cando menos – na aposta por unha política internacional propia que tería o seu inspirador precedente retórico-legal na chamada lei de acción exterior do ano 2014 : 35 anos pasaron xa dende a flamante transición tutelada pola CIA e Washington, co consentimento e colaboración cómplice da tecnocracia e a intelectualidade da provincia de Madrid – e non me pregunten a min sobre a veracidade empírica deste enunciado, senon a Alfredo Grimaldos e ao seu interesantísimo aínda que esquecido traballo documental-político sobre a materia – e non deixa de resultar cómico ver cómo os mesmos partidos que andan a repartirse coiteladas entre sí para facerse co executivo persisten na pauta de conducta de pretender en solitario unha maioría social e política que despraze ao seu eterno inimigo común : reafirmarse retóricamente sinalando a un inimigo, é fácil abondo, sobre todo cando está estructuralmente podre de corrupción. Gañarlle a batalla, xa é fariña doutro costal – e perdoen por tan castelá expresión -.

En rigor, nada novo no horizonte. A forma partido, na súa estructura e cultura organizativa clásica, tradicional, segue acelerando a súa rotunda decadencia, mais os cargos electos dende as súas mesmas plataformas seguen comportándose coma se unha representatividade real entre demos e administración estatal fose posible sinxelamente a través das canles de acción político-administrativa dos mesmos. O único ton propositivo con substancia que aperece no artigo vén do caletre de Joam Lopes Facal quen, textualmente, apela a “Superar dunha vez o complexo madrileñista que atenaza a actividade exterior da política económica galega”. O exemplo-espello proposto, máis adiante menciónase, é nesta ocasión o País Vasco. Así que xa temos na interminable galería de espellos da imaxinación política galega, e en lista de espera, coma de costume, ao lander alemán de Baviera e ao País Vasco, para o tratamento do noso crónico estado carencial de política internacional. E a cousa segue : outro economista, Albino Prada, aposta por “Unha abordaxe seria e profesionalizada das complementariedades económicas da cooperación Galiza-Portugal” que “conceda o máximo rango político e simbólico – cos símbolos topamos, amigo Sancho – ás relacions da xunta co goberno Portugués”. Así pois, caro lector, do land alemán de Baviera ao País Vasco, e do País Vasco a Portugal, non sen recalcar o horizonte estratéxico con este último que consistiría nunha “estratexia de medio prazo con mellora das comunicacions ferroviarias Vigo-porto e unha axencia de cooperación no ámbito portuario e aeroportuario” – ¡Probando, probando, ¿u-la Galiza interior que fica més enllá desa terra de maná e mel chamada Eixo Atlántico? -, sen esquecer tamén a receita de Joam Facal, a saber, “asumir o papel decisivo das relacions transfonterizas en materia de intercambios comerciais e de capital” – ¡Probando, probando, u-la variable traballo nesta lóxica de intercambio comercial e de capital nas relacions Galiza-Portugal? -.

Honestamente : o que a min, persoalmente, pareceume sempre erótico, atractivo, do reintegracionismo lingüístico-cultural con Portugal vai més enllá da toalla de Teresa Moure e implica a necesidade de ir máis alá do filoloxismo, do culturalismo e do economicismo. Dito dun modo sinxelo : a re-integración lingüístico-ortográfica non pode ser un fin en sí mesmo, senon un medio circunstancial, epocal, que permite a Galiza e á comunidade internacional de países lusófonos que, a un lado e a outro da fronteira político-administrativa histórica e político-confesionalmente construída entre o estado español e portugués, exista un código escrito de mínimos que faga fluir a información e a comunicación entre seres pensantes e sentintes que, doutro xeito, permaneceriamos no máis estricto silencio, illamento e descoñecemento recíproco. Falamos da activación e o intercambio de memes informativos en tódolos campos : social, cultural, político, económico-empresarial, universitario e científico. Romper esta fronteira invisible, mental, é algo que, por unha banda, dende un punto de vista pragmático, convén ás elites económico-financeiras a ambos lados da fronteira. Porén, a ruptura desta fronteira tamén lles causa certo pánico, posto que non convén en absoluto a emerxencia dunha conciencia de clase e nacional tecida, progresiva e recíprocamente, tanto ad intra, na Galiza realmente existente, como ad extra, no espazo xeo-estratéxico e informativo lusófono, e que non podería ter coma resultado outra cousa que unha grande-picola matria chamada Galiza en proceso de robustecemento da súa identidade social, cultural e política até o punto de sentirse dona de sí e reclamar o que, en rigor, co dereito internacional en man, pode reclamar : o dereito á súa libre-determinación.

Poden estar tranquilas as elites dámbolos lados da fronteira porque aínda – digo aínda porque os nunca son indemostrables – non existe predisposición, desexo socializado, para a asunción de tal horizonte. Quenes reclamamos tal dereito cun plan de emerxencia integrado para auto-rescatarnos da dictadura institucionalizada da débeda soberana e as súas consecuencias, estamos en franca, radical e marxinal minoría. Quenes o reclaman en abstracto, coma mero instrumento político-xurídico de modernización e democratización contra un estado hiper-burocratizado e ineficaz para xestionar a nosa vida civil, económica, cultural e política, non teñen consentimento nin hexemonía suficiente para activar tales enerxías. O problema existe from the top to behind, e viceversa, e ten un carácter profundamente pedagóxico-cultural.

En calqueira caso, é evidente que, tamén dentro da Galiza, quen fai referencia ao dereito de libre-determinación pode agochar e, de xeito, agocha, modelos de sociedade radicalmenie incompatibles. Que os plebeos se auto-determinen para pronunciar un STOP ás consecuencias económicas, fiscais, laborais e ecolóxicas localizadas dun desarrollismo que non respeta os mínimos fundamentais do dereito laboral nin tampouco os límites relativos aos efectos eco-sistémicos dalgunhas actividades extractivas – e especulativas -, non significa, de ningún modo, o mesmo que un proceso de libre-determinación que se propoña sinxelamente a descentralización meramente horizontal da actividade político-administrativa do estado. Azorando, coma sempre, os sentimentos máis primarios das masas, e utilizando, coma sempre, a política do símbolo e a bandeira.

Mudemos de escenario e vaiamos de Galiza a Israel :

“As Pontes están construídas e nós mesmos estamos abertos a ideas e inversions”. Así, textualmente, expresaba Don Núñez Feijoo o resultado da súa polémica visita a Israel. Unha veintena de empresarios, directivos de clústeres e persoal de centros tecnolóxicos, segundo A Voz de Galicia, conformaron o exército diplomático, por así dicilo, do actual presidente da autonomía (¿) galega. Miren por onde, aquí teñen vostedes a resposta realista a cal é a política de acción exterior da Xunta. Feijoo non precisa a diplomáticos de carreira para canalizar a estructurar a política internacional de Galicia, non. Sinxelamente, xa os ten. Saenlle gratis e, ademáis, deixase asesorar moi ben por eles.

Cal é o modelo de política exterior do neo-conservadorismo galego, é evidente e pode inferirse do propio modelo empresarial no que éste proxecta o hipotético futuro de maná tecnolóxico-empresarial que traerá meles de prosperidade para Galiza. Tres días, exactamente, durou a visita do noso presidente; o último foi adicado a visitar un foro internacional chamado Our Crowd Global Investor Summit – http://summit.ourcrowd.com/  -, foro que logrou reunir a uns sete mil visitantes radicalmente abducidos polo turbo-capitalismo anglosaxón cada vez máis inzado de I-D-I high tech como carente de seres humanos nos seus procesos produtivos.

A mesaxe institucional do noso presidente foi clara e contundente despois da visita : – “Calqueira empresa que queira asentarse en Galicia, que precise financiamento, capital risco, axudas e incentivos da administración, ten á súa disposición á xunta”. ¿Ficaralles claro agora aos incrédulos e pusilánimes dalgún ecosistema político-cultural oficial de Galicia o que significan, a efectos prácticos, conceptos coma imperialismo-cultural-globalizado?. ¿Ficaralles claro cales serán as consecuencias ecolóxicas e humanas da adopción deste modelo?. Quizais a administración xeral do estado e os seus convenios bilaterais firmados co estado de Israel non teñen nada que ver na viaxe de Feijoo. Corramos un tupido veo. Quizais a sumisión de todo o corpo político-administrativo da xunta de Galicia ás políticas de desarrollo tecnolóxico-empresarial non teñen nada que ver tampouco. Corramos outro tupido veo. Ao fin e ao cabo xa non existe, nin capitalismo, nin imperio, nin imperialismo, e se existen, non afectan a Galicia, nin a España, nin a Europa ni ao resto de realidades extra-continentales més enllá de occidente, porque a vida é un soño, e os soños, soños son.

Declaracions coma “a intención da Xunta é tratar de trasladar a Galicia esta filosofía” creo que non deixan lugar a ningunha ambiguedade interpretativa. Tal intención aposenta a súa raigame nunha visión neo-totalitaria da sociedade do porvir segundo os cánones do sionismo ultraortodoxo : unha sociedade na que, textualmente, en palabras do noso presidente, “as empresas, os centros de coñecimento – privados, por suposto -, as universidades e a administración van da man”. Tódalas formas de vida e conciencia humana ou non-humana que existan ou pretendan desenvolverse en dirección contraria ao violentísimo despregue cara adiante da agresiva i-lóxica do capital financiero e do seu inhumano modelo empresarial intensivo en alta tecnoloxía e desprovisto de man de obra humana, entran dentro da categoría de infra ou sub-humanidade, de humanidade rexeitable, coma a merda sobrante no disco duro dun computador, mais non a golpe de teclado, senon a golpe de regulación na lexislación civil, penal, fiscal e laboral, adubiada con eufemismos técnicos que non verbalicen a intención profunda de abandoar nas marxes a calqueira ser que non logre integrarse nas formas e condicions de traballo actualmente cristalizadas.

Como ben expresou na cámara da Xunta monsieur Alfonso Rueda, mentras monsieur Feijoo e o seu exército de diplomáticos volvían a Galiza despois da súa visita a Israel, quizais deberamos viaxar máis para aprender máis” en troques de protestar tanto. Non lle falta razón a monsieur tendo en conta que a eterna oposición e os eternos opositores, na Galiza, teñen máis cultura de oposición que vontade de goberno. Con todo, quizais deberan vostedes abrir os ollos e respirar o sangue da violenta carnicería colonial institucionalizada que os pro-homes aos que vostedes visitaron recentemente están financiando nestes momento polo vostedes chamado modélico estado de Israel. Quizais deberán vostedes reflexionar sobre qué é realmente o que vostedes aprenderon – sic – na súa viaxe para chegar aquí, de novo, á terra dos mil ríos, á terra que lles viu nascer e que lles deu de comer, e non molestarse sequera en preguntar ás xentes que pagamos os seus soldos de parlamentarios qué opinión nos merece o modelo empresarial no que os nosos fillos traballarán no futuro. Quizais, quen sabe, deberían mirarse ao espello e preguntarse en qué medida non se merecerán vostedes un desterro perpetuo ou un asalto ao palacio de inverno, en troques dunha benvida.

Se Núñez Feijoo e Mariano Rajoy, hoxe, coma Manuel Fraga e Xosé María Aznar, onte. Se, resumindo, todo o opusdeísmo histórico, no político e no confesional, que puxo as súas sucias mans neste país e en toda a península despois da transición, reconvertindo o seu pasado fascista en neo-totalitarios do mercado auto-designados coma demócratas de toda a vida. Se a mafia máis necia, ignorante, hipócrita, puritana e corrupta que nunca pisou esta península na súa historia contemporánea non tivese máis ollos, máis orellas, máis cerebro, máis corazón e máis brazos que a vontade de acumular poder con calqueira medio, por calqueira medio e a costa de calqueira consecuencia, quizais, quen sabe, deixaríamos aconsellarnos por eles en materia de política internacional.

Mentras tanto, se non lles molesta, seguimos sendo libres de sentir e expresar o máis intenso e sereno dos desprezos por vostedes. Pode que do mesmo xurdan, algún día, propostas alternativas en troques de dramáticas propostas. Custa tempo, paciencia e moita resiliencia clausurar unha civilización podre para construir outra sobre outras bases.

Nin temos présa, nin queremos pasar á historia.

No tenemos prisa

El 1 de Febrero, el diario Sermos Galiza publicaba un artículo titulado – traduciré – “Un país sin política internacional : Galiza carece de una acción exterior merecedora de tal nombre”. No sin una sonrisa en la boca, me dispuse a leer el artículo con predisposición humorística, conocedor ya del polémico viaje de Don Núñez Feijoo al estado de Israel. En primer lugar, lo que me llama la atención de este artículo es el hecho de que X.M Piñeiro, autor del texto, resalte el hecho de que Galicia merezca – como si tener o no política internacional fuese un derecho, y no, sencillamente, una construcción política colectiva que debe conquistarse, estructurarse, merecerse con el esfuerzo y el compromiso – tal política internacional debido a que su falo comercial, según datos por él verbalizados, presente una balanza positiva, entre exportaciones e importaciones, de casi 5000 millones de euros anuales.

Dicho de un modo simple : me sorprende que un superficial dato macro-económico interpretado a vista de pájaro se convierta en argumento de autoridad para quejarse – ¡oh, la queja, nuestro galleguísimo, humanísimo e histórico lastre! – por la inexistencia de una política internacional digna, entiéndase lo que se quiera entender por tal cosa. Y es que, realmente, parece insinuar este artículo la siguiente lógica discursiva, a saber : que puesto que nuestra balanza comercial es la que es nos merecemos tener política internacional, y santas pascuas.

En realidad, la movilidad y el dinamismo exterior de cualquier país no tiene auto-referencialidad política como tal : los poderes económicos localizados ordenan, y los estados y sus cargos electos, en nombre de sus partidos, cuando les interesa, o en nombre de sus propios estados, cuando les interesa, o en nombre de la nación, una, trina o pentagonal, también cuando les interesa, se limitan a hacer de relaciones públicas y obedecen como perritos bien amaestrados. Esto es cierto tanto en Galicia, como en España, como en Europa, como en Sudáfrica o Australia. Dicho esto, resulta como mínimo patético pasarnos décadas repitiendo compulsivamente el veraz argumento de la inexistencia de una política internacional gallega, sobre todo cuando a pocos periodistas, escritores, científicos, artistas y políticos gallegos he podido leer – o escuchar – sobre la falta de una política internacionalista para los de abajo.

Hablando en plata, que una cosa es suspirar por la ausencia de una política internacional y otra cosa es suspirar por la ausencia de una política internacionalista : la semántica, y la carga político-cultural que contiene, nos delata, máxime cuando ya no nos podemos creer el cliché mental, el estereotipo socializado, de una Galicia carente de burguesía y de familias económicamente apoderadas. A los hechos me remito : sólo hace falta leer el artículo que el mismo Sermos Galiza ha publicado el 25 de Enero, cuyo título reza – traduzco – Patrimonios Millonarios. Esa Galiza que es cada vez más rica : Las grandes fortunas declaran 2000 millones de euros más en apenas un año.

Como ejemplo-espejo para evidenciar la carencia en cuestión se resalta en el primero de los artículos mencionados que Baviera, el Lander alemán, sí tiene una gran delegación en Bruselas, situada, además, justo frente al Europarlamento. Acto seguido se recalca que los susodichos landers participan en la creación de la postura que defiende el conjunto del estado alemán frente a la UE y que los mismos ministros regionales pueden presidir las reuniones ministeriales del estado en la UE.

Sí, bien, perfecto, pero el principio de realidad sigue siendo el siguiente : en Galicia, como nación, y en España, como estado, esto no funciona así; las causas históricas e ideológicas son harto conocidas como harto conocido es también el poco peso cuantitativo y cualitativo de conciencia nacional, nacionalista, y por extensión, internacional e internacionalista, en Galicia. Recalco, querido lector, que no es lo mismo tener conciencia nacional que conciencia nacionalista, ni lo mismo es tampoco tener conciencia internacional que conciencia internacionalista. Lo nacional, en concreto, hace referencia al escenario espacio-temporal en el que se manifiesta la acción social, política e institucional ad intra de una nación, lo nacionalista, en sus diversas expresiones locales, desde las extremas derechas más racistas y xenófobas hasta las más liberal-democráticas y/o socialdemócratas -las tres muy asimiladas, en cualquier caso, al capitalismo, pero con diferentes estrategias retóricas que, en ocasiones, por cálculo electoral, llegan a solaparse-, es otra cosa. Necesario es seguir matizando y recalcar también que lo nacionalista admite también otras expresiones en guerrillas armadas de liberación nacional y en movimientos socio-culturales de inspiración anti-colonial que logran –o no- resolver las contradicciones entre su polo anti-capitalista y su polo liberal-modernizador decantándose más hacía una energía u otra y asimilándose más o menos a los cauces institucionales de negociación de los estados modernos.

Dicho – y escrito – esto, continúo. En el mismo artículo se recalca que tanto el PSOE, como el BNG como En marea coinciden retóricamente en la apuesta por una política internacional propia que tendría su inspirador precedente retórico-legal en la llamada lei de acción exterior del año 2014 : 35 años han pasado ya desde nuestra flamante transición tutelada por la CIA, y no me pregunten a mí sobre la verosimilitud de este enunciado – el de la transición tutelada por la CIA – sino a Alfredo Grimaldos y a su interesadamente olvidado trabajo documental-periodístico sobre la materia. El caso es que no deja de resultar cómico el ver cómo los mismos partidos que se dan zarpazos entre sí para hacerse con el ejecutivo persisten en la pauta de conducta de pretender en solitario una mayoría social y política que arrebate el poder ejecutivo al partido popular. Nada nuevo, y no debería sorprendernos en absoluto : la forma partido, en su estructura y cultura organizativa clásica, tradicional, sigue acelerando su rotunda decadencia, pero los cargos electos desde sus mismas plataformas siguen comportándose como si una representatividad real entre demos y administración estatal fuese posible simplemente a través de los cauces de acción de los mismos.

El único tono propositivo que aparece en el artículo viene de la boca del analista y economista Joam Lopes Facal. Textualmente, Sermos Galiza visualiza el horizonte político-cultural propuesto : “Superar de una vez el complejo madrileñista que atenaza la actividad exterior de la política económica gallega”. El ejemplo-espejo propuesto, más adelante se menciona, es en esta ocasión el País Vasco. Así que ya tenemos al lander alemán de Baviera y al país vasco para el tratamiento de nuestro estado carencial de política internacional. Y la cosa sigue : otro economista, Albino Prada, apuesta por un “abordaje serio y profesionalizado de las complementariedades económicas de la cooperación Galiza-Portugal”, un abordaje que “conceda el máximo rango político y simbólico – con los símbolos hemos topado, amigo sancho – a las relaciones de la Xunta con el gobierno Portugués”. Así pues, caro lector, del land Alemán de Baviera al País Vasco y del País Vasco a Portugal, no sin recalcar el horizonte estratégico con este último, que consistiría en “una estrategia de medio plazo con mejora de las comunicaciones ferroviarias Vigo-Porto y una agencia de cooperación en el ámbito portuario y aeroportuario”, sin olvidar también la receta de Joam Lopes Facal, a saber, “asumir el papel decisivo de las relaciones transfonterizas en materia de intercambios comerciales y de capital”.

Honestamente : lo que a mí me ha parecido siempre atractivo del reintegracionismo lingüístico-cultural con Portugal es la posibilidad de ir más allá del filologismo, del culturalismo y del economicismo. Dicho de un modo sencillo : la re-integración lingüístico-ortográfica permite a Galicia y a la comunidad de países lusófonos el que, a un lado y a otro de la frontera político-administrativa históricamente marcada por el estado español y portugués, haya un código escrito común que haga fluir la comunicación y que active la emisión y recepción de memes informativos en todos los campos : cultural, político, económico-empresarial, universitario y científico. Romper esta frontera invisible, mental, es algo que, por un lado, desde un punto de vista pragmático, conviene a las élites económicas de ambos lados de la frontera. Sin embargo, la ruptura de esta frontera también les causa cierto pánico, puesto que no conviene en absoluto ni a las élites del estado Español ni a las élites del estado Portugués el que esta pequeña nación llamada Galiza – sí, con z – robustezca progresivamente su identidad cultural y política hasta el punto de sentirse dueña de sí y reclamar lo que, en rigor, puede y debe reclamar cualquier nación política : el derecho a libre-determinar su destino.

Pueden estar tranquilos a ambos lados de la frontera porque todavía no existe predisposición, deseo socializado, para tal empuje. Quienes lo reclamamos para las clases plebeyas y con pulsión emancipatoria, estamos en franca, radical y marginal minoría. Quienes lo reclama en abstracto, como mero instrumento de modernización y democratización contra un estado hiper-burocratizado e ineficaz para gestionar nuestra vida civil, económica, cultural y política, no tienen consentimiento ni hegemonía suficiente para activar tales energías. En cualquier caso, es evidente que, también dentro de Galicia, quien hace referencia al derecho de libre-determinación no tiene porque ser identificado acríticamente con quienes hacen lo mismo; en su expresión formal, el derecho de libre-determinación puede esconder y, de hecho, esconde, modelos de sociedad radicalmente incompatibles. Que los plebeyos se auto-determinen para exclamar STOP a las consecuencias económicas, fiscales, laborales y ecológicas localizadas de un desarrollismo que no respeta los marcos tradicionales de negociación sindical ni tampoco los efectos eco-sistémicos de algunas actividades extractivas, no significa, de ningún modo, lo mismo que un proceso de libre-determinación que se proponga simple y llanamente la descentralización meramente horizontal de la actividad político-administrativa del estado. Azorando, como siempre, los sentimientos más primarios de las masas, y utilizando, como siempre, la política del símbolo y la bandera.

Cambiemos de escenario y de actores y vayámonos de Galiza a Israel :

“Los puentes están construídos y nosotros estamos abiertos a ideas e inversiones”. Así, textualmente, expresaba Don Núñez Feijoo el resultado de su polémica visita a Israel. Una veintena de empresarios, directivos de clústeres y personal de centros tecnológicos, según La Voz de Galicia, conformaron el ejército diplomático, por así decirlo, del actual presidente de la autonomía gallega. Miren por donde, aquí tienen ustedes la respuesta realista a cual es la política de acción exterior de la Xunta. Feijoo no necesita a diplomáticos para canalizar y estructurar la política internacional de Galicia, no. Simplemente, ya los tiene, le salen gratis, y además, se deja ordenar y asesorar muy bien por ellos.

Cual es el modelo de política exterior del neo-conservadurismo gallego, es evidente, y puede inferirse del propio modelo empresarial en que éste proyecta el hipotético futuro de maná tecnológico-empresarial que traerá mieles de prosperidad para Galicia. Tres días, exactamente, duró la visita de nuestro presidente, en la que el último fue dedicado a visitar un foro internacional llamado OurCrowd Global Investor Summithttp://summit.ourcrowd.com/ -, foro que logró reunir a unos siete mil visitantes radicalmente abducidos por el turbo-capitalismo anglosajón cada vez más inflado de I-D-I de alta tecnología como carente de seres humanos en los procesos productivos.

El mensaje institucional de nuestro presidente ha sido más que claro y contundente después de la visita : – “Cualquier empresa que quiera asentarse en Galicia, que necesite financiamiento, capital riesgo, ayudas e incentivos de la administración tiene a su disposición a la Xunta”. ¿Les quedará claro ahora a los incrédulos y pusilánimes del mundo político-cultural oficial de Galicia lo que significan las palabras imperialismo-cultural-globalizado?. ¿Les quedará claro cuales serán las consecuencias ecológicas y humanas de la adopción de este modelo?. Quizás la administración general del estado y sus convenios bilaterales firmados con el estado de Israel no tienen nada que ver en el viaje de Feijoo. Corramos un tupido velo. Quizás la sumisión de todo el cuerpo político-administrativo de la Xunta de Galicia a las políticas de “desarrollo” tecnológico empresarial no tienen nada que ver, tampoco. Corramos otro tupido velo. Quizás la sumisión de todo el cuerpo político-administrativo del estado Español y resto de entidades autonómicas a los criterios técnicos del nutrido ejército de gurús especialistas en materia de innovación tecnológico empresarial, modernización política e ingeniera financiera del modelo anglo-auro-israelí de democracia tampoco tengan nada que ver. Corramos, también, otro tupido velo. Al fin y al cabo ya no existe, ni capitalismo, ni imperio, ni imperialismo, y si existen, no afectan ni a Galicia, ni a España, ni a Europa ni al resto de realidades extra-continentales, pues la vida es un sueño, y los sueños, sueños son.

Declaraciones como “la intención de la Xunta es tratar de trasladar a Galicia esta filosofía” creo que no dejan lugar a ninguna ambigüedad interpretativa, tal intención aposenta sus raíces en una visión neo-totalitaria de la sociedad del porvenir según los cánones del sionismo ultraortodoxo; una sociedad en la que, textualmente, en palabras de nuestro presidente, las empresas, los centros de conocimiento – privados, por supuesto – , las universidades y la administración van de la mano. Todas las formas de vida y conciencia humana o no-humana que existan o pretendan desarrollarse en dirección contraria al violentísimo despliegue hacia adelante de la agresiva i-lógica del capital financiero y de su inhumano modelo empresarial intensivo en alta tecnología, progresivamente desprovisto de mano de obra humana, entran dentro de la categoría de infra-humanidad o de humanidad desechable, como la mierda sobrante en el disco duro de un computador, sino a golpe de teclado, sí a golpe de una legislación civil, penal, fiscal y laboral adornada con eufemismos técnicos que no verbalicen la intención profunda de abandonar en la cuneta a cualquier ser que no logre integrarse en las formas y condiciones de trabajo actualmente cristalizadas.

Y es que, como bien ha expresado en la cámara de la Xunta nuestro eminentísimo Vicepresidente, Alfonso Rueda, mientras nuestro eminentísimo presidente y su ejército de diplomáticos volvían a Galiza después de su visita a Israel, quizás debiéramos “viajar y aprender más” en lugar de protestar tanto. Quizás, puede ser, quien sabe. Quizás debieran ustedes abrir los ojos y respirar la sangre de la carnicería institucionalizada que los pro-hombres a los que ustedes han visitado recientemente están financiando en este momento en ese por ustedes llamado modélico estado. Quizás debieran ustedes reflexionar sobre qué es lo que ustedes han aprendido en su viaje para llegar aquí, de nuevo, al país de los mil ríos, a la tierra que les vió nacer y les dió de comer, y no preguntar a las gentes que pagan sus sueldos qué opinión les merece el modelo empresarial enel que sus hijos trabajarán en el futuro. Quizás, quien sabe, deberían mirarse al espejo y preguntarse en qué medida no se merecerán ustedes un destierro perpetuo en lugar de una bienvenida.

Si Alfonso Rueda, Núñez Feijoo y Mariano Rajoy, hoy, como Manuel Fraga y José María Aznar, ayer. Si, resumiendo, todo el opusdeísmo histórico, en lo político y en lo confesional, que ha puesto sus sucias manos en este país después de la transición, reconvirtiendo su pasado de fascistas de toda la vida en neo-totalitarios del mercado. Si la mafia más necia, ignorante, hipócrita y corrupta que ha pisado nunca este país no tuviese más ojos, más orejas, más cerebro, más brazos y más corazón que abrazar la acumulación de poder con cualquier medio y por cualquier medio a costa de cualquier medio, quizás, quien sabe, nos dejaríamos aconsejar por ellos en materia de política internacional.

Mientras tanto, si no les molesta, seguimos siendo libres de sentir por ustedes el más intenso de los desprecios. Puede que del mismo surjan, algún día, propuestas alternativas en lugar de dramáticas protestas.

Cuesta tiempo, paciencia y mucha resiliencia clausurar una civilización podrida para construir otra sobre otras bases. Ni tenemos prisa, ni queremos pasar a la historia.

 

© 2019 A ÁLXEBRA DO MEDO

Theme by Anders NorenUp ↑