A ÁLXEBRA DO MEDO

Diogo Tabuada

Category: Materiais e política alternativa (page 1 of 6)

“Marca España”.

Denuncian que el Estado español lidera una gravísima amenaza para las libertades y el acceso a la información por Internet

Journal of Middle East women`s studies

Home

5, Outubro, 2017.

I Am Obliged to Reconsider My Support for the European Union

25 Xaneiro, 2019.

A “traditio” – conservadora ou revolucionaria – do galeguismo histórico nunca tivo a vontade de deconstruir toda a epistemoloxía colonial eurocéntrica que lle serviu de fundamentación ideolóxica. Nin o romanticismo, nin o liberalismo político-económico, nin o catolicismo conservador ou progresista, nin o agrarismo a él vinculado, en visión retrospectiva, poden servirnos, a efectos intelectivos e prácticos, para construir unha galiza máis dona de sí en tódolos campos da política, as artes e as ciencias.

Irónicamente, tampouco a “modernidade” dos paradigmas do decrecemento, o decolonialismo, o pacifismo, o ecoloxismo, o feminismo e tódolos “ismos” que procuran unha epistemoloxía e unha “ética da liberación”, poden ignorar a necesidade de afrontar esta tarea de deconstruir os falsos universalismos do eurocentrismo.

“Vello” ou “novo”, “tradicional” ou “moderno”, aínda está todo por pensar, por crear e por facer e, considero, con toda a humildade do mundo, que o ecosistema civil e político debera situarse nesta tarefa de deconstrucción-constructiva, comunicando á sociedade civil, cunha linguaxe máis acaída aos usos cotiás, e con sinxeleza, precisión e claridade, o mesmo que aquí suxiro,

Existe, abofé, intelixencia e sensibilidade na sociedade galega. Sóbranos ese ingrediente. Mais debemos de obsesionarnos tanto pola “movilización” e adquirir hábitos de “organización”. 

A violencia orixinaria.

“La Violencia originaria” fue escrito el 21 de Mayo de 2014. Observo que sólo una cosa ha cambiado en lo escrito : el paso de la “guerra freda” diplomática entre el estado español y la Generallitat a la ejecución manifiesta de la violencia por parte de aquel, no sin colaboración recíproca entre ambas para reprimir el legítimo derecho del pueblo catalán a un referéndum vinculante. El artículo fue publicado en la misma fecha en Kaosenlared.net :

  • http://2014.kaosenlared.net/component/k2/88220-la-violencia-originaria?fbclid=IwAR3NVNWrAGD6677-xjuGXDWJfKjWL12H0axZfxPuT3ciPdjUVFb5HmTs4zc

“Si ésta es –como de hecho, es– la Marca España, la conclusión es clara : Marca España It’s violence. Si este es el horizonte –como de hecho, parece serlo– que la Marca Catalunya quiere seguir, la conclusión es clara : Marca Catalunya it’s violence. Si la Marca Europa se mantiene en silencio y no se rebela ante sus viejos y podridos consensos, los de la Europa Usamericana y otanizada, la conclusión es clara : Marca Europa it’s violence.”.

La herida, me temo, ya no tiene cura. El conflicto seguirá reproduciéndose intermitentemente y, me temo, irá a más en lo que a intensidad de represión se refiere si no se canaliza hacia un cambio de régimen jurídico-político.

El comportamiento de los Mossos d´esquadra se me revela como clave en el conflicto porque, en base a su predisposición a actuar pacífica o violentamente con sus propios conciudadanos, así percibirá la opinión pública internacional, con más claridad, la brutal agresividad de las fuerzas de in-seguridad del estado.

13 de Septembro, 2017.

Agrádame cometer erros; cometendo erros, aprendo, maduro e gaño precisión : no seu momento cheguei a darlle certa confidenza dentro do escepticismo – sabía que a súa política económica, a efectos prácticos, nunca iría máis alá de keynes -, mais os recentes argumentarios sobre o affaire referéndum en Catalunya convencéronme da súa inmadurez intelectual, da súa falta de profundidade analítica, da súa pésima e interesada lectura dos clásicos do marxismo, da súa carencia de imaxinación sociolóxica e da súa carencia de sinceridade libertaria, mesmo liberal-democrática, no senso máis formalista, legalista e procedimental do termo.

O seu federalismo e o seu republicanismo é centralista e estatolátrico, cunha comprensión superficial da cuestión nacional no estado español. O seu interese por establecer canles recíprocos de traducción e recoñecimento entre as linguas e culturas do estado é inexistente. Cando fala da existencia de clases – así é – non procede a analizar a estructura social e económica concreta que as configura , así coma os aspectos cualitativos da súa cultura profesional, sinxelamente verbaliza o relato burdamente simplificador dunha sociedade partida en dous : os bos samaritanos da clase baixa e traballadora contra os malvados mercaderes do templo da globalización económica .

O seu pensamento, atenta e holísticamente considerado, é eurocéntrico, con nula atención á existencia dunha profundísima violencia penal que fortalece a exclusión económica e laboral e o control policial-militar das minorías raciais, sexuais, linguísticas, culturais e relixiosas dos estratos sociais máis humildes. De variables ecolóxicas dentro da súa proposta concreta de mudanza do modelo productivo do estado pouco ou nada se sabe; da variable pacifista da súa política concreta de seguridade e I-D-I militar, tampouco, da súa opción concreta por unha mera re-estructuración da débeda soberana do estado ou por unha desobediencia civil e institucional polo seu impago, aínda menos.

Sí, Alberto Garzón pode ser moitas cousas en privado, mais comunista, honesta e humildemente, atrévome a afirmar que non o é cun 99 % de probabilidade : deixo o outro 1% como apertura a novos erros de apreciación teórica e exemplos prácticos.

Non; eu xa non son – nin estou – con Alberto Garzón.

25 Novembro, 2017.

Quizais vaia sendo hora de sacarlle o po a alguns libros e notas para contestar, con educación e argumentos, os tópicos de certa esquerda disque laica, disque revolucionaria, disque universalista e disque internacionalista, entre moitos atributos-etiqueta aptos para xustificar a preguiza intelectual :

Lendo “Anhelo de Justicia : Teoría crítica y religión”. (Max Horkheimer)

Psicopolítica, Davi e Golias: a eficácia da Gestão da Mente.

22 Septembro, 2018. Festival “Son labrego”

Acordo cedo o sábado pola mañá. Collo rumbo ao “Festival Son Labrego” en Garabelos, no fogar dese xenerosísimo ser que é Anxo Moure. Volvo pola tarde a casa a estudar.

Hai unha Galiza que ten dores de parto, mais o bloque nacionalista galego semella non querer implicarse demasiado coa xente moza cuxo proxecto e re-existir no campo sen necesidade de optar por criterios hiper-desarrolistas; xente con formación, con madurez vital e intelectual, con proxectos claros e estructurados. Xente que precisa unha administración pública e un asesoramento técnico que produza marcos legais e criterios técnicos virados cara a procura da autosuficiencia e a rendibilidade das economías domésticas.

¿Será que a fraxilidade d@s por-nacer asusta e compromete demasiado ao nacionalismo de bufete, notaría e cadeira parlamentaria?. Sigo na teima de ficar dentro do nacionalismo galego para virar o seu horizonte. Non teño présa.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

15 Septembro, 2018.

14 de Septembro : círculo recreativo-cultural de Chantada, David Rodríguez e Xose Constenla presentaron “O canastro sen tornaratos” e “O Colapso territorial en Galiza” – xa no meu escritorio -, publicados en Ed-Xerais e Ed.Galaxia respectivamente. Quen me coñece sabe o moito que me agrada o ensaio e o moito que disfruto lendo ensaio de temática galega, máxime se o seu “ritmo” temporal vai apremiado polo desexo de aprehender o presente histórico.

Muito obrigado a Cup-Chantada – Garcia – pola organización, aos asistentes, ao centro recreativo-cultural polo espazo e a David e Xosé pola súa aportación.

Older posts

© 2019 A ÁLXEBRA DO MEDO

Theme by Anders NorenUp ↑