A ÁLXEBRA DO MEDO

Diogo Tabuada

Category: Observatorio Fascismo(neo) : onte e hoxe

4 Outubro, 2017. España : estado de excepción penal militarizada.

En algún material he denominado al estado español, en jerga académica o impopular, como un estado de excepción penal militarizada. En jerga popular, lo he llegado a denominar como un estado autoritario, violento y antidemocrático en forma y fondo, sin más.

Estado de excepción, en primer lugar, porque su proceder institucional no está sometido a derecho, sino a la imposición y a la unilateralidad política sin consentimiento de la sociedad civil. Estado penal, en segundo lugar, porque todo aquel sujeto o colectivo que no acate, a efectos prácticos, la razón de estado, o bien ponga en duda los fundamentos morales de la legislación que emana de sus cortes generales, es habitualmente categorizado como sujeto/colectivo delictuoso y, en consecuencia, sometido unilateralmente a castigo penal-penitenciario. Y excepción penal militarizada, en tercer lugar, por lo que ustedes han podido ya observar en Catalunya y por los datos objetivos de su irracionalísimo sobregasto militar y securitario0

https://www.elnacional.cat/es/politica/ejercito-espanol-convoyes-barcelona_198474_102.html?fbclid=IwAR3Kzi05LLg4F-I9D7n1ddfIg-Ac8M7IXw09TW_RS6hfN2e_373oekYcDjU

21 Septembro, 2017

Buscar máis “obxectividade” é sair da “zona quente” dos conflictos e coller os óculos da prensa “estranxeira”.

https://www.esquerda.net/artigo/policia-espanhola-lanca-assalto-ao-governo-da-catalunha/50970? (etc)

27 de Maio, 2018.

13 Xaneiro, 2018.

Mergullándome no libro de Xavier Casals Meseguer, “Ultrapatriotas : extrema derecha y nacionalismo de la guerra fría a la era de la globalización”, en editorial crítica, frunzo o entrecello á hora de ler estas liñas encol do tallante rexeitamento que Herbert Kitschelt fai da continuidade entre o fascismo de entreguerras e a extrema dereita de hoxe :

– “Kitschelt rechazó que la nueva ultraderecha fuese una continuación neo-fascista de los movimientos totalitarios de entreguerras, especialmente en Alemania e Italia. Este politólogo manifestó que el éxito de la nueva extrema derecha era inversamente proporcional a su proximidad a patrones neo-fascistas : el nuevo extremismo no combinaba autoritarismo con nacionalismo y visiones económicas corporativas, sino autoritarismo con particularismo étnico y defensa del libre mercado”.

Monsieur Kitschelt procura sutiles diferencias conceptuais de laboratorio onde non hai máis que profundas semellanzas de fondo : non descubro mediterráneos se matizo que o que Kitschelt chama “novo extremismo” -sic- pouco ten de “novo”. O que éste ten precisamente de “nacionalista” teno pola vía de absolutizar e ensalzar o que Kitschelt chama “particularismo étnico”, até extremos rotundamente racistas, patriarcais e ecocidas. E a defensa do libre mercado a él integrado, por outra banda, implica tamén ter que defender “visions económico-corporativas”. Acontece con alguns politólogos o mesmo que acontece con alguns humanistas ou científicos sociais : cren que están tocando a complexa substancia da realidade ou do mito cando só están a facer xogos de palabras.

Pódense percibir claramente diferencias no plano estético, iconográfico e de linguaxe, así como, claramente, diferencias estratéxicas, coa súa acomodación gradual ás regras de xogo da política institucional-parlamentaria e a súa penetración nos medios de comunicación, entrando tamén nas regras de xogo da TV-Política. Mais, con todo, as semellanzas na estructura cognitiva/afectiva profunda do seu discurso, na selección dos seus “amigos” e “inimigos”, nos contactos informais entre esta “nova extrema dereita” e as asociacions e movimentos marxinais que rescatan a estética, a iconografía e a fraseoloxía da “vella” extrema dereita, son evidentes. Estes movimentos, son, ademais, os que a “nova” extrema-dereita trata de alentar e protexer nas marxes para provocar a desorde, o medo, a violencia e a inseguridade contra a que eles mesmos se presentan como “única solución” para garantir “a lei e a orde” ante todo.

O libro de Xavier Casals é moi edificante mais, con todo, neste senso, no senso de confiar demasiado rotundamente na existencia dunha “ruptura plena” das extremas dereitas contemporaneas cos vellos totalitarismos de entreguerra, creo que peca de inxenuidade. En ningún proceso social existen semellanzas ou diferencias “plenas”. O ronsel do tempo pasa, e pasa, e pasa, e cada instante é unha foto aberta que contén tanto os vellos ecos do pasado como as novas formas de reproducilo e reinterpretalo.

© 2019 A ÁLXEBRA DO MEDO

Theme by Anders NorenUp ↑