A ÁLXEBRA DO MEDO

Diogo Tabuada

Category: Palestina (page 1 of 3)

The last Earth : A palestinian story

Desexando ter nas miñas mans “The last Earth : A palestinian story”, de Ramzy Baroud. Gustaríame lelo algún día en visión comparada, dialogando entre o ensaio histórico e a ficción literaria, xunto con aquelas tres novelas fundacionais de Gasán Kanafani que tanto me gustaran : “Unha triloxía Palestina”.

A semana pasada, entrando na librería Tanco a mercar “Los sufis”, de Idries Shah, vin no escaparate a recente novela de Arundathi Roy, á que tratarei de sacarlle tempo para lela comparativamente con aqueloutra novela e ensaio dela que tanto me gustaran : “O deus das últimas cousas” e “A álxebra da xustiza infinita”, prologada por Sami Nair.

http://www.palestinalibre.org/articulo.php?a=66942&fbclid=IwAR1PmSMjya12A1DpkKLofiF6wtLjQ09-OazjFdjMZkb7JJlZhwEmD2TlqVw

¿Cómo resistir á crueldade e á vontade de dominación, en tódolos seus grados?. Sei que cada situación, cada contexto histórico-social, crea as súas propias estratexias, sí, ¿mais poderiamos inferir pautas ético-políticas comuns a todas elas?. Estou comezando a caer na conta da complexidade intrínseca tanto na pregunta coma na resposta, as dúbidas crécenme e xa non me atrevo a rexeitar de plano nin a non-violent action nin a súa contraria.

Na primeira, na non-violent action, hai sempre posibilidade de reflexión estratéxica : falamos de situacions nas que a reflexión e a posibilidade de escolla é posible. Na segunda, porén, non hai tal posibilidade de reflexión e escolla : aquí falamos de situacions de radical emerxencia e necesidade nas que o puro instinto de supervivencia, creado por unha situación de indigna carestía económica, ou o puro instinto de auto-defensa, creado por unha situación de agresión, de abuso de poder, de vontade manifesta de exterminación física do propio ser, xogan as súas cartas.

Do mesmo xeito que, con Ramón Grosfoguel, concordo plenamente en que non existe unha solución estrictamente económica para unha mudanza civilizatoria histórico-culturalmente cristalizada en múltiples estructuras de violencia e exclusión – racial, relixiosa, cultural, linguística, patriarcal -, senon solucions diversas baseadas na oposición contra-cultural ao senso común dominante, estou moi persuadido de que, nin a non violent-action tomada coma opción dogmática e sistemática para toda situación, nin a súa contraria tomada, tamén, coma opción dogmática e sistemática, levan a ningures.

¿Porqué?. Porque as ciencias sociais e humanas, coma toda ciencia, teñen que arraizar nas tripas da vida mesma, e polo tanto, precisan unha episteme, unha teoría do coñecimento que asuma a complexidade intrínseca en todo proceso social. E porque a ética, ao meu xeito de ver, precisa partir da experiencia e da situación, en troques de construir castelos no aire con palla seca e solucions escritas en papel válidas para calqueira circunstancia.

Poucas cousas absolutamente concretas podo afirmar, a título individual, e a día de hoxe, con rotundidade : só estas dúas que afirmei no penúltimo parágrafo, que non son máis que dous puntos de partida para poñer á ciencia e á ética ao servizo da vida.

Cultures of resistance.org.

https://culturesofresistance.org/?fbclid=IwAR3V-YxGdY7vbnpQsXarUsCB1JpjYy31wqWytLfDBoUXnqHdLotS4eptfKQ

28 de Xuño

Reformulando la Nakba: La lucha palestina, entre el victimismo y la resistencia

“La Nabka no es sólo una cuestión histórica, sino también una realidad actual que ha afectado a varias generaciones de palestinos. No es una celebración del victimismo, sino el ímpetu por la resistencia. No es un “evento” asignado a un contexto y análisis político específico, sino un estado de ánimo; la relación más fuerte entre el pueblo palestino y su pasado, presente y futuro”

(Ramzy baroud).

Kanafani. Men in the sun.

Ghassan Kanafani interview.

27 de Maio, 2018.

15 de Maio, 2018.

Over 60 Films About Israel/Palestine You Can Watch for Free

Nine Palestinian films everyone should see

https://forward.com/schmooze/210201/9-palestinian-films-everyone-should-see/

Homeland of Barbed Wire.

Older posts

© 2019 A ÁLXEBRA DO MEDO

Theme by Anders NorenUp ↑