A ÁLXEBRA DO MEDO

Diogo Tabuada

Category: Prosas cotiás (page 1 of 65)

27 Decembro, 2017

Atopo, por fin, no meu armario, totalmente subraiado e con comentarios escritos nas marxes, o texto que procuraba : Les réfugiés, une bonne affaire; amplo dossier-reportaxe escrito por Nicolas Autheman en Le Monde Diplomatique, a 16 de Maio de 2017.

Con toda a seguridade do mundo sei que, aínda que ofrecera informalmente, en petit comité, a súa lectura, aos que ían ser os meus compañeiros en ACNUR, éstes seguirían enzocados en non recoñecer a crúa realidade que Autheman visualiza en materia de axuda humanitaria.

Non se pode ser nin comercial nin contable de cousas que non teñen medida. Quedoume ben claro nestas dúas últimas experiencias laborais que tiven co Centro Peares de inmersión linguística -sic- en Inglés e con ACNUR. As ciencias sociais e linguísticas teñen que atopar o seu espazo de teorización crítica, investigación empírica e aplicación práctica fóra, radicalmente fóra da industria humanitaria, agora burocráticamente denominada como terceiro sector -sic-. Fóra, radicalmente fóra da industria xornalística e, en definitiva, radicalmente fóra do pensamento e praxe economicista nas súas diversas formas.

https://www.monde-diplomatique.fr/2017/05/AUTHEMAN/57444

Arundathi – Galeano – Castelao

Retomo Democracy now e escoito unha entrevista de Amy Goodman a Arundathi Roy con motivo da recente publicación da súa última novela – gañas teño de lela e de facer unha lectura comparada con The god of small things– : The ministry of utmost happines.

Ao final da entrevista, outra grande e agradable sorpresa – últimamente levo moitas – : Arundathi aprezaba a obra de Eduardo Galeano, quen tamén foi entrevistado por Amy neste mesmo programa antes do seu finamento.

Estou imaxinando unha situación na que Arundathi e Galeano coinciden no mesmo lugar e un atrevido coma min – ou outro igual de atrevido – pronuncia o nome de Castelao perante os dous con dúas intencions moi claras :

– A primeira : non sei se lembran, mais, Castelao foi unha das meirandes inspiracions estéticas de Eduardo Galeano tanto á hora de dibuxar viñetas como á hora de contar historias, e sería agradable ver a súa reacción.

– A segunda : para min sería moi agradable ver a Arundathi escoitándonos en Inglés sobre a vida/obra de Castelao e comprobar, de novo, unha vez máis, a maxia da traducción transcultural recordándonos o que todos somos máis alá das intrínsecas diferenzas culturais.

26 Novembro, 2017

“¿Quen son?” comeza a ser unha pregunta, para min, o suficientemente importante como para prestarlle atención. Aquí vou ter que deixar de lado os coñecimentos para comezar a facer un repaso existencial, poético e narrativo pola miña vida – sen engadirlle medias-verdades -, non porque teña interese para ninguén, en absoluto, senon porque é de necesidade vital para min e porque aí, na introspección, estou convencido de que reside o sentido diso que chaman personalidade intelectual e creativa.

18 de Febreiro, 2019

Este aforismo é razón suficiente para comezar a interesarme en serio por Wittgenstein; coma todo o que non pode medirse, coma todo o que non pode resumirse cun adxectico ou cun substantivo, merece que se lle procure a súa música.

– “Cando alguén crea encontrar a solución ao problema da vida e queira decirse que agora todo será fácil, só necesitará recordar para a súa reflexión que houbo un tempo no que se encontrou esta “solución”; mais tamén nese tempo debeuse poder vivir, e véndoo así, a solución encontrada parecerá unha casualidade. E asi acontécenos en lóxica. Se houbese unha “solución” dos problemas lóxicos (filosóficos), só debéramos pensar que nalgún tempo non tiveron solución – e tamén entón debeuse poder vivir e pensar-“.

Eu, persoalmente, non podo reaccionar doutro xeito que ficando mudo.

18 de Febreiro, 2019.

Lendo os aforismos de Ludwig Wittgenstein :

-“Algunha vez dixen, quizais con razón : A cultura primixenia convertirase nun monto de ruínas e ao final só quedarán cinzas, mais sobre estas cinzas flotarán espíritus”.

Decembro, 2017.

Dous datos :

1) A case total integridade da facturación das industrias de extracción enerxética e residuos da Galiza vaise do territorio e das institucions da Galiza. Far, far away from this country.

2) Lugo, en particular – e Galiza, en xeral -, lidera a taxa estatal de sucidios coma primeira causa de morte entre xóvenes de 15 a 29 anos.

Che, pero, vexamos, ¿Galiza non é unha colonia eh?. !Repíteo!. !Galiza non é unha colonia!. !Que o repitas de novo!.

25 de Novembro, 2017.

Miguel Anxo murado facendo hermeneutica do sufismo. As présas e a instantaneidade da public opinion, ao parecer, mandan.

-“… el sufismo, con su misticismo, sus peregrinaciones y su culto a la tumba de los santos”.

“esta versión popular y pietista del Islam, conservadora pero tradicional”

Mellor calar. Non me agrada falar das cousiñas do espírito, crea ou non nelas, coma quen vende un crecepelo. Dúascentas sesenta e cinco almas, creo, ben o merecen.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/internacional/2017/11/25/sufies-victimas-propiciatorias/0003_201711G25P20992.htm?fbclid=IwAR2uwrgwNmSLrstiZ8VLQo6B1RnbSxfvWthUPjEgAQ_DftpHgiTq2fOX_ts

14 de Novembro, 2017

Ninguén máis que as redes de influencia política, económica, cultural e mediática, comprometidas coa gobernabilidade e estabilidade do estado español e coa indisolúbel unidade da súa nación, ninguén máis que eles, obrigados a redactar e aplicar lexislación cos ollos panópticos da conferencia episcopal española (CEE) e da confederación española de organizaciones empresariales (CEOE) bisbándolles na orella, ninguén máis que eles, inzados do lixo ideolóxico que verbalizan as estructuras mediáticas creadas para a fabricación dos seus consensos na transición española, ninguén máis que eles, cómpre recordar, fixeron máis para interiorizar con éxito un racismo de múltiples dimensións na sociedade civil : linguístico, cultural, racial, de xénero, relixioso e de clase. O agora denominado réxime da transición non é monopolio gubernativo do partido popular. Hai máis acrónimos políticos, no centro e nas periferias do estado, absorbidos cultural e ideolóxicamente polos seus consensos.

É preciso destapar a manta e comunicar á sociedade civil que o franquismo de onte, amparado na omnipotencia da razón de estado marcada polo dictador, aínda que non pode compararse anacrónicamente co neo-fascismo financeiro de hoxe, sí comparte unha continuidade histórica e cultural común de fondo.

Ese algo que o franquismo e os franquistas de onte comparten co neo-fascismo e os neo-fascistas financeiros de hoxe é nin máis nin menos que a súa firme criminalización político-penal a calqueira movimento civil ou forza política que se propoña unha democratización seria e profunda da institucionalidade política, xudicial, económica, cultural e mediática cementada, tanto fóra do ámbito de influencia do estado franquista, onte, coma fóra do ámbito de influencia político-económica do estado autonómico, hoxe.

La emergencia del feminismo islámico

Sigo lendo La emergencia del feminismo islámico :

– “El conflicto entre el feminismo islámico y el secular sólo puede beneficiar a las fuerzas patriarcales reaccionarias, ya sean tradicionales o modernas (islamista o secular). Equiparar secular o moderno con igualdad y feminismo es algo pueril y desinformado, del mismo modo que si vinculamos fe y religión con anti-modernidad y anti-feminismo. Ni todos los musulmanes están en contra de los derechos de la mujer ni todos los seculares están a favor del feminismo o de los derechos de igualdad”

– “Cuando se utiliza como identidad, personalmente encuentro el término “feminista musulmana” (una musulmana que es feminista) menos problemático y más adecuado a la realidad actual que el término “feminismo islámico”. Por otro lado, el término “feminismo islámico” resulta más apropiado como concepto analítico en una investigación feminista y en la teología feminista, o como un término discursivo”.

Nayehre Tohidi.

Bosquexo un sorriso : gozoso chisporretear de electricidade no meu corpo.

11 de Novembro, 2017.

Xa postos a aplicar rigor crítico a isto que chamamos modernidade, conviría comezar recordando que o dereito positivo que inspira o articulado das constitucions modernas dos estados-nación occidentais – e a filosofía ético-moral implícita nelas -, os textos bíblicos – a biblia, a Torá, o Corán -, a tradición cultural, a lei natural, a sharia e o fiqh – xurisprudencia, en árabe -, foron sempre instrumentos ideolóxico-discursivos, prácticas e conceptos técnico-legais que subxugaron material e simbólicamente ás mulleres de tutti il mondo. Comezar a pensar unha política da emancipación con óptica de xénero sen partir de aquí, ó meu xeito de ver, é auto-enganarse.

Á nosa xeración corresponderalle re-pensar a emancipación re-apropiándose, re-pensando e incluso rompendo, se fai falla, cos falsos ídola que entronizaron intelectuais, letratenentes e académicos na opinión pública até o de agora.

 
Older posts

© 2019 A ÁLXEBRA DO MEDO

Theme by Anders NorenUp ↑