A ÁLXEBRA DO MEDO

Diogo Tabuada

Category: Quinta internacional (page 1 of 9)

17 de Maio, 2017

!Oh, ma quanta modernità, cari amici, quanta modernità!.

https://www.publico.es/internacional/mundo-cierra-ojos-mercado-esclavos.html?fbclid=IwAR08sjJm7NQC7JIx5GayBbM_6MVOChQ0djHxODtOJUT0o02_WJPwsB63O1I

O diálogo interrelixioso – Enrique Dussel

 

 

Journal of Middle East women`s studies

Home

11 de Novembro, 2017.

Xa postos a aplicar rigor crítico a isto que chamamos modernidade, conviría comezar recordando que o dereito positivo que inspira o articulado das constitucions modernas dos estados-nación occidentais – e a filosofía ético-moral implícita nelas -, os textos bíblicos – a biblia, a Torá, o Corán -, a tradición cultural, a lei natural, a sharia e o fiqh – xurisprudencia, en árabe -, foron sempre instrumentos ideolóxico-discursivos, prácticas e conceptos técnico-legais que subxugaron material e simbólicamente ás mulleres de tutti il mondo. Comezar a pensar unha política da emancipación con óptica de xénero sen partir de aquí, ó meu xeito de ver, é auto-enganarse.

Á nosa xeración corresponderalle re-pensar a emancipación re-apropiándose, re-pensando e incluso rompendo, se fai falla, cos falsos ídola que entronizaron intelectuais, letratenentes e académicos na opinión pública até o de agora.

 

8 de Novembro, 2017.

Mentras leo a selección de ponencias do primeiro/segundo Congreso internacional de feminismo islámico que tivo lugar en Barcelona no ano 2005, lembro aqueles dous textos – un en forma de epístola a Benedicto 16 e outro en forma de ensaio crítico – que foron publicados nas páxinas web de redescristianas.net e webislam.com; artigos que, en orixe, escribín para o portal dixital de Rebelión.

Non tiña intención algunha de mandalos a estas dúas páxinas. Seguramente os administradores de redescristianas.net e webislam.com consideráronos interesantes por algún motivo e publicáronos respetando o meu nome, data e autoría, mais sen pedirme permiso, cousa á que non lle din importancia en absoluto.

A cuestión é que non deixa de sorprenderme a data en que foron escritos os dous textos – son do ano 2008, xa pasou case unha década! -. ¿Estaba eu transitando territorios decoloniais sen decatarme?. Ó parecer, sí. O máis simpático do asunto é que xa comezara o camiño antes de coñecer os conceptos – e as prácticas – máis amistosas, menos conflictivas e menos pacíficas da inter-culturalidade e a inter-relixiosidade, alá polo ano 2010, cando tiven a oportunidade de asistir a un curso impartido por Victorino Pérez Prieto no Seminario Galego de estudos para a Paz. Aínda máis simpático é cair na conta de que nunca escoitara falar do termo decolonialismo ata moitos anos despois, escoitando a Ramón Grosfoguel.

Pouco despois veu a miña ruptura coa política e coa praxe que Manuel Dios Diz quería proxectar no Seminario Galego de Estudios para a paz. Caín na conta enseguida de que alí non existía a intención de xermolar filosofía e ciencia para o combate académico, cultural e político. Tiña máis que ver cun seminario de boas intencions e declamación de valores para o bo comportamento cívico que con outra cousa. Era, en definitiva, un seminario. E cos seminarios, sexan confesionais ou laicos, xa se sabe o que adoita acontecer habitualmente.

A face feminina da Revolução Russa. História de uma emancipação efémera.

https://www.rtp.pt/noticias/mundo/a-face-feminina-da-revoluo-russa-histria-de-uma-emancipao-efmera_n1037511?fbclid=IwAR1f1yEGVJFJYdzPmUPR55vI1f01oOrmLRSPlVV64n5iromiGJAoJrTkOGY

29 de Outubro, 2017.

No he conocido nunca en el estado español, a efectos práctico-políticos, operativos, reales, ni una hispanidad, ni un constitucionalismo, ni un liberalismo ni un catolicismo que haya querido devenir incluyente, democrático o emancipador, sea en versión federal, con-federal o centralista.

Las excepciones individuales y doctrinales plasmadas en papel son otra cosa pero, desde luego, no son fuerza histórico-cultural relevante para frenar las múltiples violencias que oculta la marca España.

Delegación de observadores británicos en Catalunya. (11 Outubro, 2017)

 

 

11 de Outubro, 2017.

https://elpais.com/politica/2017/10/10/actualidad/1507634100_664978.html?id_externo_rsoc=FB_CC&fbclid=IwAR0Dqhbbqomg2PAeOAcgiZ0dlSm0l1fadhZQMTXJ3NW41y7DQH_vkpVMZEM

La revolució avui. Conferència d´Angela Davis.

 

 

Older posts

© 2019 A ÁLXEBRA DO MEDO

Theme by Anders NorenUp ↑