Orgullosísimo de Jordi Savall, no ético, no estético e no político. No ético, pola súa renuncia aos 30.000 euros do premio concedido polo ministerio de cultura do estado, co argumento de que non pode aceptar o premio dun goberno que despreza a cultura. No estético, polo seu perseverante e coherente proxecto de esculca, estudo, revalorización e recomposición das músicas antigas da península ibérica . No político, polo seu posicionamento a prol dos dereitos do pobo catalán, independencia unilateral incluída, como reacción necesaria á escalada violenta e represiva do estado español.