A ÁLXEBRA DO MEDO

Diogo Tabuada

Category: Socioloxía comparada (page 1 of 3)

O diálogo interrelixioso – Enrique Dussel

 

 

Folías de España – Concierto de Jordi Savall

Orgullosísimo de Jordi Savall, no ético, no estético e no político. No ético, pola súa renuncia aos 30.000 euros do premio concedido polo ministerio de cultura do estado, co argumento de que non pode aceptar o premio dun goberno que despreza a cultura. No estético, polo seu perseverante e coherente proxecto de esculca, estudo, revalorización e recomposición das músicas antigas da península ibérica . No político, polo seu posicionamento a prol dos dereitos do pobo catalán, independencia unilateral incluída, como reacción necesaria á escalada violenta e represiva do estado español.

 

28 Septembro, 2017.

Quen queira ler, que lea. Quen queira transportar a palabra, que a transporte. Quen queira entender, que entenda. E Quen queira actuar, que actúe en consecuencia.

– “España debe garantizar el respeto a derechos fundamentales en su respuesta al referéndum catalán

https://www.ohchr.org/SP/NewsEvents/Pages/DisplayNews.aspx?NewsID=22176&LangID=S&fbclid=IwAR11YPL-s7mGXm1uYVlk0xFkPdQk8LX5kYfBXMoZ7Itzx74BxBofmSiQYgI

21 Septembro, 2017

Buscar máis “obxectividade” é sair da “zona quente” dos conflictos e coller os óculos da prensa “estranxeira”.

https://www.esquerda.net/artigo/policia-espanhola-lanca-assalto-ao-governo-da-catalunha/50970? (etc)

28 Septembro, 2017.

Observo os contidos do programa de festas do Partido Comunista de España que comezará mañá, o 29 de Septembro. Tudo bem, gosto moito da oferta mais, precisamente ese día, o 29, tirá lugar unha charla que leva por título – cito textualmente – “En solidariedade coa república árabe Saharaui democrática e polo dereito de autodeterminación do pobo saharaui”.

Imaxínense que EU propoñese para a mesma ocasión unha charla na capital do estado que levase por título – leo textualmente – “En solidariedade coa república galega democrática e polo dereito de autodeterminación do pobo galego”. Só imaxíneno, sen mais, e logo de concluir o máis que probabilísimo resultado, poden matinar, misterios da vida, sobre o feito de que é máis grande o deserto que o Partido comunista de España proxecta sobre a Galiza que o mesmísimo deserto polo que camiña o noso benquerido pobo Saharaui.

Cultures of resistance.org.

https://culturesofresistance.org/?fbclid=IwAR3V-YxGdY7vbnpQsXarUsCB1JpjYy31wqWytLfDBoUXnqHdLotS4eptfKQ

26 Xuño, 2018.

De esquerda a dereita : Brahmá, o deus creador do universo, Shiva, o deus destructor do universo, e Visnú, o deus preservador do universo. Os tres son plasmacions visuais da trimurti, a “trindade” hindú, que representa os ciclos de creación, conservación e destrucción do universo.

26 Xuño, 2018.

Sri e laksmi son dous nomes clásicos entre os múltiples nomes que recibe a “deusa loto” ou “deusa padma”. Alábaselle como “nacida do loto” (padmasambhava) e, como deidade tutelar da agricultura arroceira da india nativa, chámaselle tamén “posuidora de esterco” – Karisini -.

Os seus dous fillos son a lama – kardama – e a humidade – cicklita -, personificacions dos ingredientes dun solo rico. Dise que concede “ouro, vacas, cabalos e escravos”. Viste “guirnaldas de plata e ouro”. Concede saúde, lonxevidade, prosperidade, descendencia e fama. A personificación da fama é outro dos seus fillos. Tamén a chaman “harivallabha” e “visnupatni”, literalmente, “a amada esposa de Visnu”.

Igual que outras divindades, represéntase con forma humana enriba de animais simbólicos. A Deusa padma aparece sempre de pé ou sentada nun loto. Asóciaselle con esta flor tan invariablemente coma a Visnu co océano de leite. A deusa “para a que é esculpida o loto” (padmapriya) está entre as principais figuras esculpidas nos pórticos decorados dos primeiros stupa budistas, os de Sanci e Bharhut; neste último aparece nunha das súas posturas clásicas. Dun xerro cheo de auga, o vaso da abundancia, brotan cinco lotos, dous soportan a un par de elefantes aos lados. Coas trompas levantadas os animais derraman suavemente auga sobre a patroa da fertilidade, de anchas cadeiras : é Gaja-Laksmi, a “Laksmi dos elefantes”, que sorrí e levanta coa man dereita os seus peitos redondos e cheos, non xesto de benevolencia maternal.

O himno engadido ao Rg-Veda dille : prajanam bhavasi mata, “ti eres a nai de tódolos seres creados”; e como nai, chámaa ksama, “terra”. É, pois, un aspecto especial ou versión local da antiga nai terra, a gran deusa nai do período calcolítico que foi adorada nunha amplia zona do mundo e da que se atoparon innumerables imaxes no antigo Oriente próximo, nas terras do mediterráneo, do Mar negro e no val do Danubio. É irmá ou dobre da coñecida deusa da primitiva mesopotamia sumero-semítica, e polo tanto proporciona unha pista dos vínculos entre as fontes da mitoloxía e simboloxía India e as fontes do mitoloxía e simboloxía na nosa tradición occidental.

– Extraído de : “Mitos e símbolos da India”. Heinrich Zimmer, o principal mentor de Joseph Campbell, quen editou, despois da súa morte, todo o traballo que o principal indólogo e historiador da arte do seu tempo tiña no escritorio –

Gustaríame procurar lecturas sociolóxicas e des-patriarcalizadas da Deusa Padma, porque no texto que afirma conceder “ouro, vacas, cabalos e escravos” hai seguramente unha conexión co patriarcado aldeán na sociedade de castas da India.

26 Xuño, 2018.

Abhayamudra : xesto da man que indica tranquilidade e seguridade. É un dos primeiros “mudras” – xestos – descritos no imaxinario hindú, budista e jainista. En Sánscrito, Abhaya significa… ausencia de medo.

“Mitos e símbolos da India”. Lendo a Heinrich Zimmer.

Rematando o libro de Heinrich Zimmer : “Mitos e símbolos da India”.

Zimmer, un dos primeiros, se non o primeiro historiador da arte apaixoadamente especializado na India, foi o “mentor” de Joseph Campbell e tivo, ademais, unha estreita relación con Carl Gustav Jung. As obras de Zimmer foron editadas, “dopo la sua morte”, por Campbell. As súas interpretacions non son hermeneutica pura sen fundamento ou documentación previa nin nocions de semioloxía da arte india; coma Carl Gustav Jung, na psiquiatría de pulsión máis humanista, como Joseph Cambell, na mitoloxía comparada, e coma Adolf Bastian, o incansable viaxeiro e antropólogo que inspiraría precisamente a Jung a súa noción de “arquetipo” e a convicción de que existe unha “unidade psíquica elemental” no ser humano alén das evidentes alteridades linguísticas e culturais, Zimmer é unha referencia introductoria esencial para todos os que valoramos o comparatismo en tódalas áreas das ciencias sociais e as humanidades. Aquí, un extracto interpretativo da Deusa Shiva :

“Na man dereita, un pequeno tambor en forma de reloxo de area para marcar o ritmo. Isto implica son, vehículo da palabra, transmisor da revelación, da tradición, do conxuro, da maxia e da verdade divina. Ademais, o son asóciase na india co éter, o primeiro dos cinco elementos. O éter é a manifestación primeira e máis sútilmente penetrante da sustancia divina. Del despréganse, na evolución do universo, tódolos demais elementos : o ar, o lume, a auga e a terra. Polo tanto, xuntos, o son e o éter significan o momento primeiro da creación, a enerxía productora do absoluto na súa forxa orixinal.

Na man oposta, a esquerda superior, cos dedos formando unha media lúa – “ardhacandra-mudra” -, sostén unha chama na palma. O lume é o elemento da destrucción do mundo. Ao final do Kali Yuga o lume aniquilará o corpo da creación e a continuación apagarao o océano do baleiro. Aquí, pois, no balanzo das mans, ilústrase o contrapeso da creación e a destrucción no xogo da danza cósmica. Como a inexorabilidade dos opostos, o trascendental mostra, mediante a máscara do señor enigmático, a constante producción fronte a un insaciable apetito de exterminio, o son fronte á chama. E o campo da terrible interacción no escenario da danza do universo, brillante e horrendo a causa da danza do Deus

A segunda man dereita executa o “abhaya-mudra” – “non temades” – que concede protección e paz, mentras a esquerda restante mantena alzada á altura do peito, sinalando cara abaixo, cara o seu pé levantado. Este pé significa liberación e é o refuxio e a salvación do devoto. Debe ser adorado para alcanzar a unión co absoluto. A man que apunta cara ese pé está nunha postura imitadora da trompa extendida ou “man” do elefante – “gaja-hasta-mudra” -, que nos recorda a Ganesa, fillo de Siva, eliminador de obstáculos”

A divindade está representada danzando sobre o corpo postrado dun demo anano. Trátase de Apasmara Purusa, é dicir, o home ou demo – “purusa” – chamado esquecemento ou neglixencia -“apasmara”-. Simboliza a cegueira da vida, a ignorancia do home. A victoria sobre este demo conséguese alcanzando a verdadeira sabedoría. Nela está a liberación das ataduras do mundo.

Un círculo de chamas e lus -“prabha-mandala”- sae do deus e arrodéao. Dise que representa os procesos vitais do universo e as súas criaturas, a danza da natureza xerada polo deus que danza no seu interior. Á vez, dise que significa a enerxía da sabedoría, a luz trascendental do coñecimento da verdade, que ao danzar emerxa da personificación do todo. Outro significado alegórico que se lle asigna ao círculo de chamas é a da sílaba sagrada AUM ou OM. Este son místico -“sí, amén”- procede da linguaxe sagrada da alabanza e o encantamento védicos, e é entendido como expresión e afirmación da totalidade da creación”.

Da páxina 148 a 153, a interpretación de Shiva logra hipnotizarme e agradarme ao mesmo tempo.

Older posts

© 2019 A ÁLXEBRA DO MEDO

Theme by Anders NorenUp ↑