A “traditio” – conservadora ou revolucionaria – do galeguismo histórico nunca tivo a vontade de deconstruir toda a epistemoloxía colonial eurocéntrica que lle serviu de fundamentación ideolóxica. Nin o romanticismo, nin o liberalismo político-económico, nin o catolicismo conservador ou progresista, nin o agrarismo a él vinculado, en visión retrospectiva, poden servirnos, a efectos intelectivos e prácticos, para construir unha galiza máis dona de sí en tódolos campos da política, as artes e as ciencias.

Irónicamente, tampouco a “modernidade” dos paradigmas do decrecemento, o decolonialismo, o pacifismo, o ecoloxismo, o feminismo e tódolos “ismos” que procuran unha epistemoloxía e unha “ética da liberación”, poden ignorar a necesidade de afrontar esta tarea de deconstruir os falsos universalismos do eurocentrismo.

“Vello” ou “novo”, “tradicional” ou “moderno”, aínda está todo por pensar, por crear e por facer e, considero, con toda a humildade do mundo, que o ecosistema civil e político debera situarse nesta tarefa de deconstrucción-constructiva, comunicando á sociedade civil, cunha linguaxe máis acaída aos usos cotiás, e con sinxeleza, precisión e claridade, o mesmo que aquí suxiro,

Existe, abofé, intelixencia e sensibilidade na sociedade galega. Sóbranos ese ingrediente. Mais debemos de obsesionarnos tanto pola “movilización” e adquirir hábitos de “organización”.