Observo os contidos do programa de festas do Partido Comunista de España que comezará mañá, o 29 de Septembro. Tudo bem, gosto moito da oferta mais, precisamente ese día, o 29, tirá lugar unha charla que leva por título – cito textualmente – “En solidariedade coa república árabe Saharaui democrática e polo dereito de autodeterminación do pobo saharaui”.

Imaxínense que EU propoñese para a mesma ocasión unha charla na capital do estado que levase por título – leo textualmente – “En solidariedade coa república galega democrática e polo dereito de autodeterminación do pobo galego”. Só imaxíneno, sen mais, e logo de concluir o máis que probabilísimo resultado, poden matinar, misterios da vida, sobre o feito de que é máis grande o deserto que o Partido comunista de España proxecta sobre a Galiza que o mesmísimo deserto polo que camiña o noso benquerido pobo Saharaui.