Un parente do Mulla foi a visitalo dende un lugar remoto do país levándolle coma regalo un pato. Moi contento, Nasrudin mandou guisar o pato e compartiuno co seu huésped. Porén, pouco despois comezou a chegar un paisano tras outro e cada un dicía que era amigo do amigo do “home que che trouxo o pato”. Ningún deles traía regalo.

Finalmente, o Mulla exasperouse. Un día chegou outro descoñecido :

– Son amigo, do amigo do amigo do parente que che trouxo o pato

Sentouse, coma tódolos demais, a esperar a comida. Nasrudin levoulle unha cunca de auga quente

-¿Qué é esto?

– É a sopa, da sopa, da sopa do pato que trouxo o meu parente