Nasrudin adoitaba cruzar a fronteira tódolos días cos cestos do seu burro cargados de palla. Como admitía ser un contrabandista cando volvía á casa polas noites, os gardas da fronteira rexistrábano unha e outra vez : rexistraban a súa persoa, cernían a palla, sumerxíana en auga e mesmo queimábana de cando en vez para ver qué levaba Nasrudin nos cestos. Non atoparon nunca nada. Mentras tanto, a prosperidade económica de Nasrudin aumentaba visiblemente.

Un día retirouse e foise a vivir a outro país onde, anos máis tarde, encontrouno un dos gardas fronteirizos :

– Agora podes dicirmo, Nasrudin – interpeloulle -. ¿Qué pasabas de contrabando que nunca puidemos descubrilo?.

– Asnos – contestou Nasrudin

“As sutilezas de Mulla Nasrudin” (Nasrudin).