Na historia patriarcal – nunca mellor dito – que vai dos capítulos 12 a 50 do primero libro do pentateuco, o xénese :

“Mira, Xahvé fíxome estéril. Achégate pois, rógocho, á miña escrava. Quizais poderei ter fillos dela” -, dille Saray a Abraham. E segue : “Así, ao cabo de dez anos de habitar Abraham en Canaán, tomou Saray, a muller de Abraham, á súa escrava Agar, a exipcia, e deulla por muller ao seu marido Abraham

Máis adiante :

“Aí tes á túa escrava nas túas mans. Fai con ela como mellor che pareza -. Saray deu en maltratala e ela fuxiu da súa presenza. Atopouna o anxo de Xahvé xunto a unha fonte de auga no deserto – a fonte que hai no camiño do sul – e dixo : – Agar, escrava de Saray, ¿de ónde ves e a ónde vas?. Contestou ela : – Vou fuxindo da presenza da miña señora Saray-. VOLVE Á TÚA SEÑORA, díxolle o anxo de Xahvé, E SOMÉTETE A ELA”. (…) “Mira que concebiche a un fillo e darás luz a un fillo ao que chamarás Ismael porque Xahvé vén de escoitar a túa aflición”.

Non deixo de preguntarme con sorna qué hai de bondadoso nun deus, Xahvé, e no seu anxo coma intermediario, que esixe a Agar – a escrava exipcia propiedade de Abraham e da súa infértil muller, Saray – someterse literalmente á súa condición de escrava e ventre de alquiler e ter como fillo a Ismael. Alentar sometementos indesexados á dominación, e non opcions ou puntos de fuga para a liberación, non me parece precisamente un bo punto de partida.