Retomo Democracy now e escoito unha entrevista de Amy Goodman a Arundathi Roy con motivo da recente publicación da súa última novela – gañas teño de lela e de facer unha lectura comparada con The god of small things– : The ministry of utmost happines.

Ao final da entrevista, outra grande e agradable sorpresa – últimamente levo moitas – : Arundathi aprezaba a obra de Eduardo Galeano, quen tamén foi entrevistado por Amy neste mesmo programa antes do seu finamento.

Estou imaxinando unha situación na que Arundathi e Galeano coinciden no mesmo lugar e un atrevido coma min – ou outro igual de atrevido – pronuncia o nome de Castelao perante os dous con dúas intencions moi claras :

– A primeira : non sei se lembran, mais, Castelao foi unha das meirandes inspiracions estéticas de Eduardo Galeano tanto á hora de dibuxar viñetas como á hora de contar historias, e sería agradable ver a súa reacción.

– A segunda : para min sería moi agradable ver a Arundathi escoitándonos en Inglés sobre a vida/obra de Castelao e comprobar, de novo, unha vez máis, a maxia da traducción transcultural recordándonos o que todos somos máis alá das intrínsecas diferenzas culturais.