Desexando ter nas miñas mans “The last Earth : A palestinian story”, de Ramzy Baroud. Gustaríame lelo algún día en visión comparada, dialogando entre o ensaio histórico e a ficción literaria, xunto con aquelas tres novelas fundacionais de Gasán Kanafani que tanto me gustaran : “Unha triloxía Palestina”.

A semana pasada, entrando na librería Tanco a mercar “Los sufis”, de Idries Shah, vin no escaparate a recente novela de Arundathi Roy, á que tratarei de sacarlle tempo para lela comparativamente con aqueloutra novela e ensaio dela que tanto me gustaran : “O deus das últimas cousas” e “A álxebra da xustiza infinita”, prologada por Sami Nair.