Sigo con Goethe; hai algo que me interesa inquirir no discurso de Werther, mais aínda non é o momento de aprofundar nel. Prefiro focar a miña atención naqueles parágrafos que, por unha razón ou outra, chámanme a atención :

Trabei coñecemento con xente de todo tipo, mais aínda non atopei compaña. Non sei qué teño de atraente para as persoas; moitas delas quérenme e cóllenme cariño, e doeme entón se o noso camiño común percorre só unha pequena distancia. Se me preguntas como é a xente de aquí, téñoche que dicir : como en todas partes!. É unha cousa uniforme esta do xénero humano. A maioría traballa a meirande parte do tempo para vivir, e o pouco que lle queda de liberdade dálles tanto medo que procuran por tódolos medios desfacerse dela.  !Oh, destino do home!