Lendo “As mágoas do mozo Werther”, de Goethe :

  • “Sei perfectamente que non somos iguais nin podemos selo; mais son da opinión de que aquel que pensa necesitar distanciarse da chamada da peble para manter o respecto é igual de censurable ca un covarde que se agocha do seu inimigo porque teme sucumbir”.

– Cabería preguntarse, penso eu, cal é o imperativo concreto que se esconde tralo que Goethe chama “a chamada da plebe”, antes de censurar nada. Os absolutos ético-morais do romanticismo son, ás veces, dunha indixeríbel grandilocuencia –