Posto que non se soporta, no fondo, a disonancia, a polifonía e a diversidade, sóñase con estados e nacións que a amordacen e lle corten as ás; e así, tanto dende o centro como dende a periferia, as cores e os himnos da intolerancia, transformada en guetto e gangrenada en violencias recíprocas, fanse insoportables tanto na rúa como nas institucións.

“Estado” e “nación” son conceptos que non abonda con “re-pensar”; son realidades humanas vivas que hai que reconstruir dende a base dándolle protagonismo aos estratos sociais que foron históricamente perseguidos por afirmar a súa identidade cultural, por reclamar un reparto equitativo e xusto do ingreso, por querer participar na creación das súas propias formas de traballo e por afirmar e investigar a súa identidade cultural.

Todo o que se acerque a isto é humanidade. Todo o que se alonxe, é facer da violencia globalizada unha forma de gobernanza.