Este aforismo é razón suficiente para comezar a interesarme en serio por Wittgenstein; coma todo o que non pode medirse, coma todo o que non pode resumirse cun adxectico ou cun substantivo, merece que se lle procure a súa música.

– “Cando alguén crea encontrar a solución ao problema da vida e queira decirse que agora todo será fácil, só necesitará recordar para a súa reflexión que houbo un tempo no que se encontrou esta “solución”; mais tamén nese tempo debeuse poder vivir, e véndoo así, a solución encontrada parecerá unha casualidade. E asi acontécenos en lóxica. Se houbese unha “solución” dos problemas lóxicos (filosóficos), só debéramos pensar que nalgún tempo non tiveron solución – e tamén entón debeuse poder vivir e pensar-“.

Eu, persoalmente, non podo reaccionar doutro xeito que ficando mudo.