Eu non me fío das persoas, sinxelamente, porque sei o que son : humanas. Isto é, inconstantes, impredecibles, interesadamente desmemoriadas, gregarias e pouco fideis á palabra dada. Fun sempre dende pequeno un liberal antropolóxico, no sentido ético e moral, e un comunista antropolóxico, no sentido económico. Seguirei séndoo.

Non coñezo ningún partido que beba desta sensibilidade filosófico-cultural e, polo tanto, síntome ben fóra da disciplina de partido : nin colectivismos que obturen á dignidade da persoa, nin personalismos que obturen a dignidade do colectivo e a súa radical necesidade de cooperación grupal. Quen non saiba habitar esta tensión, tarde ou cedo, vaise apartando pouco a pouco da miña vida.