• Que vosoutros, os homes – exclamei -, para falar dunha cousa, deseguida teñades que dicir : isto é insensato, isto é prudente, isto é bo, isto é malo!. Pero qué quere dicir todo iso?. Que por esa razón pescudastes as condicións internas dunha acción?. Sabedes de certo desenvolver as causas polas que se produciu, polas que tivo que producirse?. Se o fixérades, non seriades tan precipitados nos vosos xuízos.