Este é, sen dúbida, o meu parágrafo favorito :

  • Que homes son estes cuxa alma enteira se basea no cerimonial, cuxo anhelo e aspiración durante anos se dirixe a como se poderen coar ata unha cadeira máis enriba da mesa!. E non é que non teñen outras ocupacións : non, máis ben os traballos vanse amoreando, precisamente porque os pequenos desgustos da promoción lle impiden a un despachar as cousas importantes. A semana pasada houbo leas durante un paseo en zorra, e toda a diversión se botou a perder. Eses parvos non ven que, en realidade, o posto non é importante e que aquel que ocupa o primeiro rara vez desempeña o primeiro papel!. Canto rei é gobernado polo seu ministro, canto ministro polo seu secretario!. E quen é entón o primeiro?. Aquel, paréceme a min, que supervisa os demais e ten tanto poder ou astucia como para utilizar as súas forzas e paixóns na execución dos seus proxectos.