• “Oh, tan efémero é o home que aínda alí onde ten a verdadeira certeza da súa existencia, alí onde deixa a única verdadeira impresión da súa presenza, na memoria, na alma dos seus seres queridos, tamén alí ten que apagarse, desaparecer, e facelo en pouco tempo”. (Sobre o carácter transitorio e efémero da memoria – en abstracto, como capacidade humana -, e polo tanto tamén do recordo, dos contidos concretos dos recordos cos que interpretamos os acontecimentos históricos e ás persoas. Aquí, Goethe é demoledor e valente des-sacralizando e des-mitificando a memoria e recordándonos o seu carácter efémero e transitorio, destinado a apagarse no tempo).

 

  • “Oh, por que tivo que nacer con este ímpeto, esta paixón indomitamente teimosa para todo o que toca!. Prégollo – continuou ela colléndoo da man -, modérese!. O seu espírito, os seus coñecementos, os seus talentos, cantas satisfaccións lle ofrecen!. Sexa vostede un home!. Afaste este triste apego dunha criatura que non pode facer outra cousa que compadecelo. El rinchou os dentes e mirouna adusto. Ela termoulle da man : Só un intre de mente en calma, Werther – dixo ela -. Non sente vostede que se está a enganar, a se destruir por vontade propia?. Por que a min, Werther?, xusto a min, a propiedade doutro?”. (Sobre o carácter auto-destructivo da obstinación Romántica; é sintomático que Lotte se auto-interprete a sí mesma coma “propiedade” de Albert)

 

  • Temo, temo que é únicamente a imposibilidade de me posuir o que lle fai tan atraente este desexo”, (Creo que esta simple liña é suficiente para radiografíar o que é a motivación existencial profunda do romanticismo : a “imposibilidade” – ou o que nese momento semella un “imposible” – coma o elemento magnético, por así decilo, que fai atraínte á sensibilidade romántica)