• “É certo, roubar é un vicio, pero o home que, para se salvar a sí mesmo e os seus da inminente morte de fame, sae a roubar, merece compaixón ou castigo?. Quen levanta a primeira pedra contra un marido que, na súa xusta ira, sacrifica a súa infiel muller e o seu indigno seductor?”. (Este é o parágrafo máis explícitamente patriarcal e violento no “Werther”, e o cómico do mesmo consiste en que, en tan so tres liñas, unha concepción totalmente anti-conservadora en política penal, que refuga por completo da noción de castigo ao preso, coexiste coa xustificación retótica do asasinato á muller infidel) . 

 

  • “Ai vosoutros, a xente razoable – exclamei sorrindo -. Paixón!, embriaguez!, tolemia!. Estades aí tan impasibles, tan sen compaixón, vosoutros, os homes decentes!. Rifádeslle ao bebedor, aborrecedes o insensato, pasades diante coma o sacerdote e agradecedes a Deus, igual ca os fariseos, que non vos fixese coma un deles. Mais dunha vez estiven bebedo, as miñas paixóns nunca estaban lonxe de tolemia e de ambas as cousas non me arrepinto : porque aprendín a cpmprender á miña medida como todos os homes excepcionais que fixeron algo grande, algo que parecía imposible, desde sempre tiveron que ser proclamados bébedos e tolos”. 

 

  • “A natureza humana – proseguín -, ten os seus límites : pode soportar a ledicia, e o sufrimento, as dores, ata un certo grao, e vénse abaixo en canto este se excede. Polo tanto, aquí non ñe cuestión de saber se un é feble ou forte, senón de se pode soportar a envergadura do seu sufrimento, sexa moral ou físico : e eu atopo igual de estraño dicir que é covarde o home que se quita a vida, como sería inadecuado chamar covarde a quen morre dunha febre maligna” 

 

  • “Non hai outra ledicia cálida e verdadeira neste mundo que ver unha alma grande que se nos abre”

 

  • E a culpa diso tédela vós, que me empuxastes a este xugo cantándome as marabillas da actividade, actividade!. Se non fai máis ca min quen bota patacas e cabalga á cidade a vender o cereal, entón quero penar outros dez anos na galera á que agora estou soldado. (É evidente que aquí hai unha repulsa explícita da ética protestante e da súa explícita paixón pola laboriosidade).