Atopo, por fin, no meu armario, totalmente subraiado e con comentarios escritos nas marxes, o texto que procuraba : Les réfugiés, une bonne affaire; amplo dossier-reportaxe escrito por Nicolas Autheman en Le Monde Diplomatique, a 16 de Maio de 2017.

Con toda a seguridade do mundo sei que, aínda que ofrecera informalmente, en petit comité, a súa lectura, aos que ían ser os meus compañeiros en ACNUR, éstes seguirían enzocados en non recoñecer a crúa realidade que Autheman visualiza en materia de axuda humanitaria.

Non se pode ser nin comercial nin contable de cousas que non teñen medida. Quedoume ben claro nestas dúas últimas experiencias laborais que tiven co Centro Peares de inmersión linguística -sic- en Inglés e con ACNUR. As ciencias sociais e linguísticas teñen que atopar o seu espazo de teorización crítica, investigación empírica e aplicación práctica fóra, radicalmente fóra da industria humanitaria, agora burocráticamente denominada como terceiro sector -sic-. Fóra, radicalmente fóra da industria xornalística e, en definitiva, radicalmente fóra do pensamento e praxe economicista nas súas diversas formas.

https://www.monde-diplomatique.fr/2017/05/AUTHEMAN/57444