• “Nos estados despóticos non existen en absoluto leises fundamentais. Non hai un fundamento legal seguro. Por esta razón ten nestes países tanta forza, polo común, a relixión, porque forma unha especie de fundamento e permanencia. Cando non é a relixión, venérase ás costumes en lugar de ás leises”.

Lúcido para o seu tempo, mais inxenuo para calqueira home ou muller contemporáne@, o pobre Barón de Montesquieu non viviu para ver cos seus ollos cómo os estados liberais con leises fundamentais viraron en crueis despotismos do mercado que convertiron en zinza tódolos fundamentos legais seguros que il mesmo reclamaba. Non viviu, tampouco, para ver cos seus ollos cómo estes mesmos estados podían tranquilamente integrar a veneración pola relixión e as costumes – tradicionais ou modernas – coa veneración polas leises, mantendo intactas multiples relacions de dominación.