O noso barón Montesquieu, quen chega a xustificar o dereito de conquista apoiándose no dereito de xentes do seu tempo, quen chega a teorizar sobre as ventaxas ulteriores – sic – dos pobos conquistados despois da conquista, sorpréndenos, cómico paradoxo, cun parágrafo que verbaliza a súa repulsa polo despilfarro económico e a violencia fiscal intrínseca en toda economía de guerra :

– “Do aumento das tropas :

Unha nova enfermidade extendeuse por Europa; apoderouse dos nosos príncipes e failles manter un número desordeado de tropas. Ten as súas recaídas e faise necesariamente contaxiosa pois, no momento en que un estado aumenta o que chama as súas tropas, os demais aumentan de pronto as súas, de maneira que o único que se consegue é a ruina común. Cada monarca ten en pe tódolos exércitos que podería ter se o seu pobo correse perigo de ser exterminado, dándose o nome de “paz” a este estado de tensión de todos contra todos.

Por iso, Europa está tan arruinada que se os particulares achásense na situación na que se achan as tres potencias máis opulentas desta parte do mundo, non terían de qué vivir. Somos pobres coas riquezas e o comercio de todo o universo, e pronto, a forza de ter soldados só tiremos soldados e seremos coma os tártaros. Non contentos os grandes príncipes con mercar as tropas dos máis pequenos, tratan de pagar alianzas por todas partes, é dicir, de perder case sempre os seus cartos.

Consecuencia de tal situación é o aumento continuo dos tributos, e o que imposibilita todo remedio é que non se conta xa coas rentas, senon que se fai a guerra co capital. Non é insólito ver cómo alguns estados hipotecan os seus fondos durante a paz, e empregan para arruinarse medios que chaman extraordinarios e que non o son tanto, que non se lle ocorrerían ao fillo de familia máis desordeado”.