A clasista finezza do barón de Montesquieu, xa nas primeiras liñas de O espírito das leises :

– “Do mesmo modo que a maioría dos cidadans que teñen suficiencia para escoller non a teñen para ser escollidos, o pobo, que ten capacidade suficiente para darse conta da xestión dos demais, non está capacitado para levar a xestión por sí mesmo”.

“Son éstes feitos dos que o pobo se entera mellor na praza pública que o monarca no seu palacio. Mais, porén, non sabería levar os negocios nen coñecer os lugares, ocasions ou momentos para aproveitarse debidamente deles”.

Elegantes – e patéticas – piruetas retóricas para non concluir, a pao seco, que o pobo é intrinsecamente analfabeto para xestionar unha administración pública ou un negocio.