– “En Catalunya non existen “presos políticos”, o que existen son “políticos presos” – díxonos hoxe unha eminentísima mestra de dereito constitucional. E así, zanxou toda a intrínseca complexidade do conflicto.

Sorrín, calei; só me faltou responderlle :

– “Amén”.

Facer do “estado de dereito” un absoluto é unha absoluta indecencia moral; convén recordar que os marcos formais dunha constitución non son ideolóxica e políticamente inocentes : no seu despregamento non houbo nin hai máis lóxica que a imposición da lei do máis forte, o castigo físico, a censura, a persecución ideolóxica e a morte de homes e mulleres inocentes. Fácil é corroboralo empíricamente. Fácil é non confundir realidade con construcción mental. Fácil é non confundir o reino do deber ser co reino do ser

Unha “opinión” presuntamente “libre” non pode sacrificar a verdade.