A principios de mes estiven na presentación do segundo tomo de “Alicerces” no círculo de O Saviñao. Foi agradable reencontrarme con Claudio Otero Eiriz, Fernando da Laje, Xosé Méndez, director da revista, e Andrés Pavón.

Pendente teño a escrita da recensión deste segundo tomo en canto teña tempo e mesura para rumiar os contidos. Chámame a posibilidade de desarrollar alguns materiais ensaísticos a medio-longo prazo.

Alicerces é un ser que está aínda in statu nascendi, na procura de aportacions de novos investigadores e, cómpre dicilo, é un luxo dispor de publicacions así por estes lares.