A vinganza e a súa omnipotente xustificación divina como praxe consuetudinaria – como costume, falando claro – polo mesmo Xahvé, son máis que evidentes no libro do xénese. Cita textual do momento en que Xahvé desterra a Caín polo asesinato de Abel, o seu irmán :

Abel : “A miña culpa é demasiado grande para soportala. É dicir que hoxe bótasme deste chan e teño que esconderme da túa presenza convertido en vagabundo errante pola terra e calqueira que me atope matarame?”.

Xahvé : “Ao contrario, quenqueira que matase a Caín, tirá que pagalo sete veces”. E segue : “E Xahvé puxo unha sinal a Caín para que ninguén que o atopase puidese atacalo”.

Creo que non existen segundas lecturas : Xahvé, é certo, desterra a Caín, mais protéxeo do asasinato de outros e decreta a vendetta a quen ouse asasinar ao asasino : ese é o motivo polo que marca cunha sinal o seu corpo. Nas notas a pé de páxina da Torá podemos ler o seguinte, a modo de maior especificación e aclaración do encontro entre Xahvé e Caín despois do asasinato de Abel :

“A sinal de caín non é estigma infamante, senon marca que o protexe coma membro dun clan que executa con rigor a vinganza de sangue”. Máis claro, auga.