Se avanzo
distánciote :
retrocedo tres pasos
para volver encontrarte

Se retrocedo
estáncote :
avanzo tres pasos
para que respires
no cambio

Se fico quieto
recoñézote
mais non te recoñezo :
úneme a ti
un atávico desexo
de permanencia
e cambio

Úneme a ti
un amor fresco e novo :
a abrupta saliva do volcán
entre o roce do ar na folla