350px-Martim_Codax_Cantigas_de_Amigo

 

Eu camiño, só camiño, e alónxome

é meu xeito de ser e estar

entre os homes

Eu camiño, só camiño, e alónxome

coma se os homes e a terra

non me pertencesen;

coma se o desexo de posuílos

se negase perpetuamente

a sí mesmo

Eu camiño, falo, recordo, sorrío, increpo

e sei que a morte bisba

ao final do tunel

coma bisba a vida

con máis forza

cando lembro que TI existes

E entón paro

reflexiono

imaxínote

miras de perfil e sorrís

E entón paro

acércome

cólloche a man

calo

baleiro o pensamento

sorrío

e sigo camiñando

contigo

E entón paro

reflexiono

trago saliva

e os homes, a terra e o tempo

deveñen máis soportables

contigo

Eu non sei, con certeza

o que é o amor, amiga

mais  sería agradable posuirte

o que resta de vida