Nota : integrar “estou lembrándote” – xogar co ritmo – e mudar “labouras” e “amenceres”.

Eu lémbrote, avó
lembro feridas e calos nas mans
lembro a madeira da casa cruxir
mentras o galo canta
no teu mencer prematuro
procurando o ouro branco

Lembro a sombra do teu corpo
asomando trala porta
e as túas rudas e nobres mans
agarimándome as meixelas
mentras me fago o durmido

Eu lémbrote;
lembro o teu sorriso
sen mácula de maldade
e o teu corpo
vomitando vigor e forza
no traballo

Lembro; estou lembrándote
a túa alegría sufrida e esforzada
rabuñando coas mans
o froito da terra;
a túa marmórea e inmortal valentía
os días previos á túa morte
fitando a fiestra entre asubíos
e bisbando, polo baixo

“Adeus, esto acabouse”