ribeirasacra.wgalicia

Érgueste sempre entre socalcos;
muda a túa pel de cor
coma mudan as serpes

Túa pel, xenerosa, abundante
coma víscera da terra
sobardada de sol e choiva
azoutada coa man do home

Túa pel, tan muda e plena
tecida entre silencio e meandros
no fluir lene da auga
vinda da serra meira

Túa pel, tan muda e plena
donando o seu froito
despois do suor
e os homes calando
dándose cun canto nos dentes
ante tanta xenerosidade