Estas agullas, punzantes, invisibles
arrodeándome a cabeza
coma arame de espiño

Estas voces e imaxes, inquedas, dispersas
arañándome por dentro
coma espellos múltiples da conciencia

Esta dor muda
de bágoas discretas
cansa de vestirse
con farrapos estoicos

Abrázame :
a dor de moitos instantes
perennes na memoria
circula agora no meu sangue

E estas agullas, punzantes, invisibles
coma arame de espiño
mestúranse co pánico
de querer dicirche :

Eu non sei qué é o amor
Eu non sei quen es
mais quérote